Libro de humor gráfico con 114 páginas en color, blanco y negro, y bicolor, encuadernado en rústica. Catálogo de la exposición homónima organizado por el Concello de Fene por medio del Museo do Humor de la misma localidad en colaboración con la Casa del Humor y la Sátira de Gabrovo.
Introducción de Xosé Maria Rivera Arnoso (alcalde de Fene):
Nestes meses de chuvia e friaxe chega ó Concello de Fene unha raiola de luz, en forma de exposición internacional, que alumea a nosa Casa da Cultura. Centro de seis humoristas contemporáneos reunidos gracias ó esforzo da Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo, uníndose á tarefa emprendida hai un ano e medio polo Museo do Humor do Concello de Fene. Trátase dun acontecemento único, tanto en Galicia coma no Estado español que é posible pola confluencia de vontades de dúas institucións que son conscientes de que un pobo que vive é un pobo que ri.
En por iso, agradecemos profundamente a colaboración que sempre brindou a Embaixada no Estado española da República Popular de Bulgaria e a Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo, concedendo ó Museo do Humor a presentación pública deste importante acontecemento artístico.
A Corporación Municipal de Fene, e eu persoalmente, desexamos que a partir de aquí agromen novas colaboracións e moitas máis iniciativas desta caste, sabedores de que con esta dinámica conseguiremos que o Museo do Humor de Fene sexa coñecido e recoñecido a tódolos niveis, ó tempo que abrimos camiños de intercambio e colaboración mútua con tódolos pobos do mundo nos que, potencia-lo humor e defende-la paz mundial, son un norde de actuación.
Nota de Raquel Casal García (Directora xeral de Cultura e do Patrimonio Histórico):
O Concello de Fene en colaboración coa Casa do Humor e a Sátira de Gabrovo (Bulgaria) trae a Galicia a Exposición "106 Caricaturistas Contemporáneos", que recolle unha amplia colección de caricaturas do mundo actual nas súas diversas tendencias e manifestacións.
A Dirección xeral de Cultura e Patrimonio Histórico da Consellería de Cultura e Benestar Social quere estar presente en iniciativas como esta nas que as interrelacións entre os pobos axudan a un mellor coñecemento das culturas.