Sinopse:
Nova colección desta editorial, baseada no cómic Os Barbanzóns. Agora serán os máis novos e cativos do castro de Baroña, Bal, Son, Minu ou o oso Banza, cos seus amigos doutros castros como Duna de Porto Baixo e Manicho Cativo de Neixón, os que se vexan envoltos en variados e diferentes perigos, proezas e intrigas, que os conducirán a numerosas aventuras. Neste primeiro número os cativos terán que solucionar a intrigante desaparición que se desenvolve ao redor das colmeas dos tíos de Manicho Cativo; unha enxeñosa trampa e a forte chuvia axudarán a resolver o misterio que se cerne sobre as colmeas do Castro de Neixón.