Información de la editorial:
“Destino Hërgüss” é a primeira novela gráfica ambientada no Planeta Mincha Está protagonizada por Pichük y Tombö. O primeiro deles é o personaxe da serie de libros ilustrados Diario de Pichük, editada por Everest. A obra ofrece conexión con esta serie de libros a través do personaxe citado, pero neste caso vai destinada a un público xuvenil e adulto e aborda unha aventura complementaria en formato novela gráfica onde coñeceremos outros personaxes que pasarán a formar parte deste particular universo.
Pichük e Tombö, dous personaxes de razas e estilos de vida diferentes, coincidirán nunha situación aparentemente normal na que se verán obrigados a superar unha proba a vida ou morte en Hëlüs, a rexión cun dos climas e hábitats máis hostís do Planeta Mincha. Alí agárdaos un futuro incerto ateigado de aventura, misterios e incerteza en que acabarán dependendo deles mesmos e dos seus instintos máis primarios para a súa propia supervivencia. Pichük é intelixente, aplicado e observador, e ten crenzas supersticiosas como a maioría da xente da súa cultura, os hirflös. Tömbö caracterízase pola súa forza física; a súa raza está afeita a facer os traballos máis duros na rexión de Longölia, mais non é demasiado racional nas súas decisións, é bastante informal e déixase levar polas sensacións de cada momento.
Ambos personaxes veranse obrigados a buscar o seu propio equilibrio nunha misión onde as súas vidas estarán en xogo. Os principais valores e defectos humanos son abordados substancialmente nesta aventura de ciencia-ficción fantástica con ton de thriller e matices de humor que nos deixa unha reflexión sobre o mundo real a través das dificultades que implica conseguir un posto de traballo e a crítica ao sistema de control por parte da sociedade.