Libro con 124 páginas impresas en color, encuadernación rústica, y cubiertas en color.
Tebeo editado mediante el sistema de financiación colectiva a través del sitio web Verkami: con un total de 4.512 euros aportados por 175 mecenas, siendo la cifra estimada para la conclusión del proyecto de 2.060 euros.
Información editorial:
Contos gráficos de historias do último século en terras de Friol. Narrados e protagonizados polas mulleres que nos criaron.
Tiven a fortuna de vivir parte da miña infancia na Terra Cha, lugar de Miraz. Botei ben tardes aproveitando a última raiola xunto á tía Pura, Carme, Constantino, Manuel e meus avós Carme e Domingo, sentíndoos debullar contos na aira ata a hora de recollerse. De inverno, anos máis tarde, seguiría escoitando historias trala cociña de leña ás mulleres da seguinte xeración: a tía Manola, Hortensia, miña nai.
Con aqueles relatos eu ía armando o niño da gatafornela. Fiel a un mandato biolóxico, faría del o fogar da miña descendencia e con esmero coideino durante anos. Ata aquel diagnóstico de endometriose aguda. Foi por el que escapei ó sur, buscando a soedade e a distancia para asimilar que non habería polos no niño.
Percorrín Nova Zelandia na busca de respostas. Constatei que a tristeza da esterilidade non me nacía tanto de quedar sen pequechiños coma da sensación de tronzar a transmisión do relato. E a carga facíaseme insoportable.
Naquela terra nova puxen a alma co de dentro para fóra e boteime a camiñar, agardando a que enxugase. Con cada paso ía desenguedellándose a angustia. E con ela o adival de historias que formaban o meu niño.
Un día calquera chorei as últimas bágoas, de vagariño. E souben que o peor xa pasara. Tiña unha nova tarefa por diante: continuar o relato por outro carreiro. Debuxalo.
Debo matizar: pasara o “peor” espiritualmente, pois ignoraba que facer unha novela gráfica supuxese tan titánico esforzo. Aquí convén aclarar que carezo de formación en artes, polo que o proceso foi tortuoso. Tardei catro longos anos en chocar o resultado e durante ese tempo produciuse unha evolución de estilo que non pode deixar de aprezarse nas viñetas.
Pero, caramba! foi o meu primeiro parto. E madialeva, sempre me gustaron máis as criaturas bravas, intelixentes e bondadosas do que as belidas. Coma as mulleres coas que me criei, ás que adico os relatos que ides ler
Texto promocional en Verkami:
Colaborando con esta campaña axúdasme a editar unha obra de relatos gráficos sobre o rural galego. As súas protagonistas son as nosas nais, avoas e bisavoas: esas mulleres bravas que tan a miúdo sostiveron ás súas familias nun século ben difícil. Trátase dunha ficción baseada en historias que escoitei ó longo da vida na aldea de miña nai.
Prólogo da obra
Tiven a fortuna de vivir parte da miña infancia na Terra Cha, lugar de Miraz. Botei ben tardes aproveitando a última raiola xunto á tía Pura, Carme, Constantino, Manuel e meus avós Carme e Domingo, sentíndoos debullar contos na aira ata a hora de recollerse. De inverno, anos máis tarde, seguiría escoitando historias trala cociña de leña ás mulleres da seguinte xeración: a tía Manola, Hortensia, miña nai.
Con aqueles relatos eu ía armando o niño da gatafornela. Fiel a un mandato biolóxico, faría del o fogar da miña descendencia e con esmero coideino durante anos. Ata aquel diagnóstico de endometriose aguda. Foi por el que escapei ó sur, buscando a soedade e a distancia para asimilar que non habería polos no niño.
Percorrín Nova Zelandia na busca de respostas. Constatei que a tristeza da esterilidade non me nacía tanto de quedar sen pequechiños coma da sensación de tronzar a transmisión do relato. E a carga facíaseme insoportable.
Naquela terra nova puxen a alma co de dentro para fóra e boteime a camiñar, agardando a que enxugase. Con cada paso ía desenguedellándose a angustia. E con ela o adival de historias que formaban o meu niño.
Un día calquera chorei as últimas bágoas, de vagariño. E souben que o peor xa pasara. Tiña unha nova tarefa por diante: continuar o relato por outro carreiro. Debuxalo.
Debo matizar: pasara o peor espiritualmente, pois ignoraba que facer unha novela gráfica supuxese tan titánico esforzo. Aquí convén aclarar que carezo de formación en artes, polo que o proceso foi tortuoso. Tardei catro longos anos en chocar o resultado e durante ese tempo produciuse unha evolución de estilo que non pode deixar de aprezarse nas viñetas.
Pero, caramba! foi o meu primeiro parto. E madialeva, sempre me gustaron máis as criaturas bravas, intelixentes e bondadosas do que as belidas. Coma as mulleres coas que me criei, ás que adico os relatos que ides ler."
A autora
Aínda que me licenciei en Física de Partículas, a miña faceta creativa levoume polos carreiros da docencia. Nas aulas traballo cada día intentando desenvolver o potencial dos rapaces e rapazas, comprometida coa causa de lograr unha sociedade mellor e máis feliz. Para isto traballo co alumnado en diferentes clubs de cine e ciencia, e participo en iniciativas didácticas que poidan mellorar o noso ensino. Froito da última (programa PIALE en Ottawa) elaborei un caderno gráfico que podedes conseguir neste enlace de Amazon.
A miña formación en debuxo é freelance. O ámbito onde teño máis experiencia é no urbansketching, afección coa que vou creando cadernos de viaxes. Os resultados publícoos en Instagram/moreiras26.
A que se destina a vosa aportación
Cos beneficios desta camapaña financiarei a maquetación e impresión da novela gráfica Madialeva. Trátase dun conxunto de once relatos gráficos que percorren a historia do noso país ó longo de cen páxinas a cor, con viñetas debuxadas e coloreadas a man.
Calendario previsto
A novela está rematada e practicamente maquetada neste momento. Necesito un empuxe final para imprimir 200 copias nunha edición ben bonita que, por que non? pode ser un agasallo orixinal nas vindeiras festas de Nadal!