SERPES CEGAS, AS (2008, BD BANDA)

AS SERPES CEGAS

PONTEVEDRA
Distribución: España
Fechas:
VIII-2008 ?
Números:
1 ordinario
Formato:
Dimensiones:
32 x 24 cm
Paginación:
72 pp.
Registros:
ISBN: 978-84-612-4977-0


Libro de historietas con 72 páginas más guardas más cubiertas, todo en color. Edición en gallego del tebeo Las serpientes ciegas, que fue Premio Nacional de Cómic.

Descripción de la editorial (en gallego) tomada de Entrecomics:

"As serpes cegas é o título con que BD Banda chega ás librarías este Nadal. Un álbum ambientado entre Nova York e España nos anos trinta no que se mesturan elementos de serie negra co retrato político dun dos momentos cruciais do século XX. Esta obra, da autoría de Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava supón a estrea deste colectivo na edición de álbums. A obra, que se presenta con 1.500 exemplares en galego e 2000 para o mercado español está xa dispoñible nas librarías de todo o país.

O lanzamento ten a peculiaridade de que se trata da primeira coedición entre Galicia e Francia no campo da banda deseñada, xa que a obra foi publicada recentemente pola prestixiosa editora gala Dargaud conseguindo unha ampla resposta de público e de vendas. Precisamente foi na revista BD Banda que comezou a súa andaina o álbum na forma de serie por entregas, chamando rapidamente a súa calidade a atención deste xigante francés da edición. Logo de chegar a un acordo de colaboración, fechouse un lanzamento conxunto nas tres linguas da que promete ser unha obra de referencia entre as editadas en 2008 en Europa.
A obra narra a historia dun emigrante que chega a Nova York no ano 1939 na procura de Ben Koch, un home que incumpriu un pacto. De xeito paralelo vemos como en España, a Guerra Civil está xa perdida para os republicanos, que se ven impotentes para prolongala ata o estalido duna conflagración europea que modificará o mundo. Todo o universo dos protagonistas está presidido pola urxencia en axustar, durante eses días de abafante verán, as súas contas persoais.

Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava contan cun amplo recoñecemento estatal no campo da banda deseñada. Alén de participar en publicacións clásicas coma Cairo ou El Víbora, Seguí conta con preto dunha ducia de álbums (algúns xa publicados en Francia) con títulos coma El sueño mexicano, Cohibas Connection ou Lola y Esnesto. Pola súa banda, Hernández Cava é un nome fundamental da historieta estatal dos últimos trinta anos. Títulos coma Lope de Aguirre: La expiación, El artefacto perverso, Berlín,1931 ou os asinados en colectivo coma El Cubri revelan un dos maiores creadores da Península nesta arte.
BD Banda agarda que este lanzamento supoña un novo paso na popularización da banda deseñada, especialmente en Galicia, e que teña continuidade en novos proxectos. O colectivo anuncia asimesmo que continúa cos traballos para o vindeiro lanzamento do cuarto número da súa revista e sinala que mantén a súa colaboración con Faktoría K na Colección BD Banda, centrada nun público infantil e xuvenil e na que veu a luz o pasado mes de agosto o álbum As aventuras de Archimboldo Roque."

Creación de la ficha (2012): Andres Alvarez y Manuel Barrero · Imágen e información obtenida de laopinioncoruna.es
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Andres Alvarez y Manuel Barrero (2012): "SERPES CEGAS, AS (2008, BD BANDA)" en Tebeosfera. Disponible en línea el en: https://www.tebeosfera.com/colecciones/serpes_cegas_as_2008_bd_banda.html
Esta ficha documenta la existencia de una publicación, lo cual no implica que la Asociación Cultural Tebeosfera posea ejemplares o los tenga a la venta. Tebeosfera no es una tienda. Tampoco asesoramos sobre el valor de mercado de los productos aquí mencionados.