Editorial Galaxia

Editorial Galaxia

Fundación:
1950
Actividad:
54 años (1971 a 19-I-2024)
Catálogo:
53 números (53 ordinarios)
Desglose: 21 publicaciones con historieta, 5 publicaciones teóricas, 27 de otro tipo
Dirección:
Avenida de Madrid, 44 · Vigo - 36204 · España
Contacto:

Sello editorial especializado en literatura en gallego.

Descripción histórica en su web:

O 25 de xullo de 1950 celebrouse no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a Asemblea fundacional da Editorial Galaxia. Baixo a presidencia de Ramón Otero Pedrayo, o Patriarca das Letras, e coa presenza de personalidades senlleiras do galeguismo, como Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista, configurábase daquela o núcleo principal da resistencia cultural e política do galeguismo, obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da Guerra Civil (1936). Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro foron as tres personalidades que dende o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galegas, nos tempos difíciles da ditadura.

Non estaban todos. Algúns non puideron asistir, entre outros Ramón Piñeiro, que viña de saír da cadea. Mais había representantes do exilio e da emigración, principalmente das colectividades galegas de Bos Aires e de Montevideo.

Logo de 70 anos, a Editorial Galaxia, con case 4000 títulos editados e un catálogo vivo de 1870, constitúe hoxe a referencia histórica da edición en lingua galega. No seu catálogo figuran os autores e autoras máis significativos: Otero Pedrayo, Manuel Antonio, Alfonso R. Castelao, Vicente Risco, Ánxel Fole, Florentino López Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro…

Autores clásicos e autores modernos, pertencentes ás sucesivas xeracións que se incorporaron ao cultivo do idioma durante estas décadas: Celso Emilio Ferreiro, Luís Seoane, Rafael Dieste, Celestino Fernández de la Vega, Domingo García-Sabell, Marino Dónega, Ricardo Carballo Calero, Xosé Neira Vilas, Salvador García-Bodaño, Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán, Xohana Torres, Xosé Luís Franco Grande, Xosé Manuel Beiras, Xesús Alonso Montero, Marina Mayoral, Andrés Torres Queiruga…

 
Último lanzamiento catalogado
Creación de la ficha (2008): Andres Alvarez
CITA DE ESTA PÁGINA / CITATION:
Andres Alvarez (2008): "Editorial Galaxia" en Tebeosfera. Disponible en línea el en: https://www.tebeosfera.com/entidades/editorial_galaxia.html