Edición en gallego.
Libro de historietas con 52 páginas impresas mayoritariamente en color, encuadernación rústica, con cubiertas en color. Traducción a cargo de Karlos Cid Abasolo e Ricardo Pichel Gotérrez. Con Rodrigo Vízcaino Bravo en la corrección. Y David Cortizo Conde en la edición.
Texto promocional de la editorial:
A tenente Sigrid Frisch devece polos cómics. Leos na comisaría de policía cando non ten outra angueira. Mais en poucas ocasións pode rematar a lectura tranquilamente. Recibe un aviso xusto cando está a ler o clásico que conta como gañou Alemaña a II Guerra Mundial: uns cativos atoparon un cadaver nun gran canal.
Ao chegar ao lugar dos feitos decátase de que terá problemas co caso. Ao pé do corpo, alén da policía, andan unha Oberstandartenfürher das SS e os seus soldados a fisgar. Que fan alí? Só é un afogado. O cadáver non ten identificación e na man hai un papel do que termaba con forza. E o máis sorprendente: o bandullo ten embigo! Algo imposíbel na Alemaña de 2052, ano CVII da Vitoria. Non, non será un caso doado.
O orixinal en euskera de A vitoria final (Azken Garaipena) recibiu o Premio Euskadi de Literatura 2012 e foi escollido recentemente para a Lista de Honra do IBBY