Texto promocional del editor:
Manual que aborda de forma sinxela a teoría e historia do cómic, acompañado dunha propostas prácticas, de gran utilidade tanto para persoas interesadas no cómic como expresión artística como para o mundo do ensino, para o que se presenta como un material complementario na aprendizaxe da educación plástica e visual mesmo na literaria-, e unha bibliografía básica. Como apunta Xaquín Marín o cómic constitúe un medio expresivo, pertencente á familia dos medios da integración icónica e da verbal ou literaria. Nos xa máis de cen anos de andaina do cómic pola historia da humanidade, este tense convertido nunha expresión tan próxima e habitual que ninguén nega a súa importancia como transmisor de valores culturais, estéticos, gráficos, sociais etc que mesmo teñen marcado pegadas profundas en moitas xeracións.