Contenido :
- Análise comparativa do diálogo intertextual entre literatura e cómic : Los que quedan (2019), de Josep Busquet e Alex Xöul ( Rocío G-Pedreira) Pags. 45 a 69.
Resumen :
O obxectivo principal desta nota é a indagación arredor da maneira na que se artella o diálogo intertextual entre a literatura e o cómic no caso concreto da novela gráfica Los que quedan (2019), da autoría de Josep Busquet (Barcelona, 1975) e Alex Xöul (Barcelona, 1984), a través dunha análise comparativa dos motivos característicos dos open/alternative worlds (Nikolajeva, 1988, 2012) e a retórica das portal-quest fantasies (Mendlesohn, 2008; Levy e Mendlesohn, 2016) que son abordados dende unha óptica novidosa e pouco común para a construción da obra estudada. O traballo dá conta dos transvases intermediais que se suceden con recorrencia entre produtos artísticos dirixidos a adultos e/ou ao público infantil e xuvenil que dan como resultado obras con construcións análogas cuxo polisistema de acollida vén determinado polo desprazamento do protagonismo das crianzas a favor dunha construción centrada na visión, intereses e preocupacións dos adultos.