Cuaderno grapado con 16 páginas en blanco y negro más cubiertas en color. Catálogo de la exposición homónima celebrada en el Museo do Humor de Fene, para cuya portada se utilizaron dibujos de la obra del propio Mort Walker The Lexicon of Comicana. Diseño a cargo de Lois Rodríguez, con traducción de Mª Luisa Lugaro Cabaleiro.
Prólogo de Xaquín Marín:
¡GRACIAS, MORT!
Hai xa moitos anos vin, coido que na revista italiana LINUS, uns debuxos de MORT WALKER.
Aínda que un gosta dun debuxo máis elaborado, non deixou de chama-la miña atención a sinxelezae expresividade dos debuxos deste grande artista americano, así como a filosofía dos seus textos.
Máis adiante tivemos noticia de que MORT WALKER, que xa era coñecido por aquí, viña de funda-lo MUSEUM OF CARTOON ART, un dos poucos e mellor dotados que hai neste pequeno gran mundo do humor.
E como somos de abondo destemidos, fumos e escribimos a MORT dándolle a nova de que en FENE tamén, aínda que a menos nivel (FENE está ó nivel domar) estabamos a facer un MUSEO DO HUMOR.
A resposta tardou, pero foi moito máus sabrosa do que nós agardabamos. Nin só escribiron co none de MORTIMER, senón que mandaron dous libros, unha morea de fotocopias de debuxos e 10 orixinais de MORT e dous seus colaboradores. ¡Case nada! Non podiamos dar creto ó que tiñamos entre as mans.
Pero era certo e aínda nob démo-las gracias. Pensamos facelo de moitas maneiras ata que por fin nos inclinamos por esta que redes, editar un novo CADERNO DO MUSEI, adicado ao xenial ADDISON como tamén se chama e asina. Deste xeito, contrubuimos a darlle unha meirande dufusión á súa obra e a acompañamos de información complementaria.
O ano pasado ¿lembrades?, presentábamo-la obra de ILYA BECHKOV, un extraordinario debuxante búlgaro, cáseque descoñecido nestas terras e arredores. Este ano xiramos 180° graos e presentamos un debuxante coido que máis coñecido e ademais "made in USA" que, antes de que nos veñan as críticas, é pouco simpático ó Pentagono e o "stablisment" do país máis "ponderoso do mundo".
E isto das crítucas ven a conto, polas turradas que levamos nas pasadas XORNADAS DO HUMOR polo programa que presentamos, e por algún dos premios que outorgamos.
Non imos dici-lo de sempre: ladran logo cabalgamos, por que neste caso non se trata de ladridos; pero si que isto de ter críticos é unha categoría, e ven amosa-la expansión das nosas actividades.
Ademais, ven demostrar o que xa sabiamos. Que hai xente que non vé con bos ollos a pintura de Velázquez porque era monárquico, ou a literatura de Cervantes porque aínda sendo de posible orixe galega?, era españolista, no que non deixan en parte de ter razón, pero tampouco deixan de ter razón os que dinque un pintaba ben e outro non era manco escribindo.
Tamén quixera deixar ben claro que, cando non está o forno para bolos é cando hai que ter bolos -no bo sentido da palabra- e seguimos pensando que o humor é máis preciso cando as circunstancias son máis adversas.
Así que aínda que estean de moda as sevillanas no folclore e as condincións sexan máis ben esmagantes, nós estaremos facendo humor con acento galego e tentando que os demais tamén o teñan.
¡Que vos aproveite!
¡AH, E GRACIAS A MORT, QUE XA ESQUECÍA O MÁIS IMPORTANTE!
XAQUÍN MARÍN FORMOSO
Director do Museo do Humor
Desglose de contenidos.