Libro con 86 páginas impresas en blanco y negro, encuadernación en cartoné, y cubiertas en blanco y negro.
Información promocional:
“A Negra Sombra é, de principio a fin, unha gota de auga que cae nunha poza e se espalla en todas direccións: pode selo todo” comenta o escritor, debuxante e ilustrador Betanceiro Xosé Tomás no limiar deste libro que aborda dende unha perspectiva plástica a obra da escritora universal que é Rosalía de Castro. “Rosalía ten, ademais, e por usar a terminoloxía musical, múltiples rexistros, tonalidades moi variadas, e tempos moi diversos. Por ese motivo, este libro pretende -explica Xosé Tomás- aportar rexistrros e tesituras diferentes, porque a obra da autora é tan comprensible na infancia como na idade adulta, porque sabe falar distintas alturas”. Atoparemos entón lecturas dos poemas en banda deseñada, pero tamén en montaxes oníricas, en narracións visuais e mesmo en achegas ao deseño de cartelismo. “A obra visual procura seguir a estela da diversidade da obra de Rosalía”. O libro está editado en branco e negro “pola procura do expresionismo, por espir as mensaxes artificiais e chegar á pureza da mensaxe, que en moitas ocasións e crúa e directa”, matiza o autor.