Edición en gallego.
Libro recopilatorio con 98 páginas interiores impresas principalmente en color, encuadernados en rústica, y con cubiertas en color. Catálogo que recopilaba los trabajos premiados y presentados al concurso Curuxas do Humor del Museo do Humor de Fene correspondiente al año 1999. Con trabajo de maquetación a cargo de Xosé Roel y supervisión lingüística de Alexandre Marín.
Introducción de Xaquín Marín:
Ó facer en varias ocasións o limiar do catálogo dun mesmo evento, corremos un serio perigo: o perigo da rutina. O máis doado é poñer tódolos anos algo moi semellante, facelo o máis aseadamente posible... e agardar ata o proximo.
Se ben, sería moi grave esquecer totalmente a función que ten que xoga-la publicación. Función que, neste caso, é amosa-los traballos premiados e presentados ó concurso. Cómpre dicir tamén, aproveitando a ocasión, que o concurso é cada vez máis amplo e de maior calidade, cada convocatoria acada maior universalidade e maior variedade nos traballos presentados, o que fai medra-las tarefas de recepción, selección, montaxe e devolución, sen esquecer a dificultade de xulgar entre tantas obras de calidade cal é a máis merecente do único premio que temos.
E todo isto adobiado co problema das obras de ampliación do Museo, que non so retrasaron todo o proceso, senón que o puxeron moi costa arriba.
Pero sendo isto moi salientable hai algo que me parece que o é máis e no que o mellor nos tiñamos reparado.
Os Premios Curuxa, O Museo do Humor e tódalas actividades que este xera, que certamente non son todas as que quixeramos, débense principalmente ó esforzo dos habitantes deste Concello do Noroeste do Noroest da Península Ibérica, quen son quen de manter algo que contribúe a mellor-ala vida do resto da Humanidade. Porque se son de louvar logros importantes que consiguen noutras cidades, en capitais de provincias, ou mesmo na capital da autonomía, resulta moi sinxelo botar unha ollada ás proporcións, ó orzamento, ó persoal adicado e ás posibilidades duns e doutros, comparar e sacar conclusións de que isto que se fai en Fene é imposible.
Agardo que algún día se recoñeza este esforzo teimudo, sen parangón en pobos do tamaño de Fene, que non chega ós 15000 habitantes, e vive dun eterno desmantelamento industrial, o que tamén demostra que non hai mellor antídoto para os problemas que o humor.
Así mesmo é de lova-lo traballo da Asociación de Amigos do Museo con logros como este catálogo, que chega a editar gracias a sensibilidade para algo tan necesario como o humo, da Excma. Deputación Provincial, a quen o que isto escribe e a Asociación de Amigos quedan moi agradecidos.
Encantaríame que os que vexades esta publicación pensedes non só na calidade das obras que contén, senón tamén no traballo preciso para facela, pero sen esquece-la súa tremenda necesidade, xa que un concurso da calidade que ten a Curuxa, precisa dun catálogo que perpetúe o premio e sirva ós participantes como acta de presencia.
E pensando en todo isto, veredes aínda máis importante o contido.
Xaquín Marín
Desglose de contenidos.