Libro con 128 páginas impresas en color, encuadernación rústica, y cubiertas en color. Constó en créditos: "Normalización lingüística: Dores Sánchez".
Historieta ganadora del XI Premio de banda deseñada Castelao correspondiente al año 2016. Miembros del jurado: la vicepresidenta de la Deputación da Coruña María Goretti Santamarta Rei y los dibujantes Juan Díaz Canales, Jorge González, Miguelanxo Prado.
Prólogo del libro:
Con demasiada frecuencia, adoitamos utilizar o adxectivo "apaixonante" como inseparábel da palabra "aventura". Mais o feito é que poñelas xuntas non garante en absoluto que a devandita maridaxe se faga extensiva ó contido que describen. Ás veces por cuestións obxectivas, como o exceso de tópicos, a repetición de esquemas ou a ausencia de contidos. Outras veces por razóns puramente subxectivas: cada individuo atopa as súas paixóns en motivos e lugares diferentes.
No meu caso, considero unha aventura apaixonante aquela que poña en xogo estes elementos: personaxes fortes e interesantes, un momento histórico suxestivo e, a poder ser, unha reflexión de fondo sobre a sociedade, a política e a alma humana. Desfrutar e pensar ó tempo. Quizais parece que pido demasiado e non obstante todo isto é o que atopei en "Fóra do mapa" de Emilio Fonseca. Unha apaixonante aventura.
Para situármonos, a acción desenvólvese a finais do século XV durante o Renacemento e coa cidade de Venecia como pano de fondo. O fondo pode que nos soe familiar, pois trátase dun período de cambio acelerado durante o cal o mundo comezou un proceso inexorábel de globalización no sentido máis literal da palabra, grazas ó pulo de ousados navegantes, ó traballo dos eruditos e as manobras de desapiadados comerciantes anadando ó paso marcado por gobernantes de ambición desmedida.
A modo de brillante traxicomedia (a maneira máis fiel coa que se pode facer ficción sobre a realidade), Emilio Fonseca preséntanos o eterno conflito entre os que senten que a humanidade ten que perseguir un obxectivo común por enriba das fronteiras e os que teñen como único obxectivo o beneficio propio ou do seu clan. Unha confrontación que se converteu nun asunto planetario a partir daquela portentosa época, na que nun corto período de tempo se inventou a imprenta, descubríuse América e fixéronse as primeiras circunnavegacións do globo. Atreveríame a dicir que o antedito o conflito dura ata os nosos días. Na actualidade os cartógrafos substituíronse por complexas tecnoloxías de xeolocalización, pero no fondo a loita por controlar a información e por tanto o poder, vén sendo igual de descarnada. Cinco séculos máis tarde, a fenda entre as diferentes maneiras de entender o progreso e a humanidade segue aberta. Por moitos GPS que teñamos, as necesidades e as paixóns humanas son poucas e recoñíbeis dende a noite dos tempos.
E se non me cren, só teñen que xirar a páxina e adentrarse nas escuras rúas de Venecia...
Juan Díaz Canales.
Madrid, 9 de novembro de 2016
Desglose de contenidos.