Libro de historieta con 120 páginas impresas en color, encuadernado en rústica, con cubiertas en color. Diseño y maquetación: Fausto Deseño Asociado. Traducción: Pepe Sendón.
Primera entrega de la colección Universo Galimatías.
Descripción de la editorial:
Edición en álbum da historia abeirada á ciencia ficción de pinceladas épicas dada a coñecer por entregas na revista xuvenil Galimatías, creada polo escritor e produtor americano David DiGilio e acompañada do forte estilo do novo debuxante galego Alex Cal (Vigo, 1985). O escenario escollido é un planeta Terra destruído e desolado, a onde o vento do norte trouxo un inverno sen fin. Os poucos sobreviventes resisten refuxiados nas grandes cidades conxeladas, nas que a vida é unha loita continua na procura da calor.
Os habitantes de Lost Angeles deben aturar a tiranía implacable de Matachín Joe e mais da súa banda de necrófagos. Mais entre os proscritos hai un rapaz afouto, Pak, a quen as circunstancias lle aprenden cedo o significado do sufrimento e que co tempo será o encargado de levar a cabo a súa vinganza. Será daquela cando xurda a posibilidade dunha nova vida.
Texto de contracubierta:
Nun planeta Terra xeado polo Vento do Norte, a vida é unha loita continua entre os habitantes de Lost Angeles e o tirano Matachín Joe e mais a súa banda de preeiros, que administran a enerxía ao seu antollo. A posibilidade dunha nova vida xorde coa chegada á cidade do proscrito Pak, coa misión de vingar a morte da súa familia e o seu pobo.
Desglose de contenidos.