Libro de 256 páginas en color encuadernado en cartoné. Edición en galledo del libro publicado casi simultáneamente por Astiberri en castellano.
Promoción editorial:
Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e erguer con urxencia unha colonia lunar para asegurar a superviviencia da humanidade ante o inevitable desastre.
Inmerso nesa contrucción, diagnostícanlle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle quedan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide colida co noso planeta. Este dramático feito fai que reconsidere a súa propia natureza profesional e persoal, o que o leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia; coa que case non ten contacto. Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, e que o conderán a vagar nunha drámatica, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo: unha desesperada carreira cara á fin dos tempos, contra a morte, a locura e a súa propia e atormentada conciencia.