Libro de 120 páginas encuadernado en rústica.
Texto promocional:
Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como "A caricatura como arte", publicado na revista "Grial" xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico "Como debuxar caricaturas" (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros "Castelao humorista" (1996) e "Castelao en el arte europeo" (2016). Agora, nesta entrevista de Félix Caballero, verte o seu saber práctico e teórico sobre o asunto, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais, dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres.