Tebeo a modo de catálogo que recogió las historietas ganadoras en el Certame de cómic de Arteixo 1999.
Constó en créditos: "Xurado: Xan López Domínguez / Suso Cubeiro / Javier Rodróguez / Javier Quiroga / Cristina Garay"; "Agradecimientos: Carlos Portela / TVG / Servicios sociáis do concello de Arteixo / Cristina Garay". Únicamente dos de las seis historietas publicadas presentaron textos en lengua gallega.
Texto introductorio:
ART'EIXO 99
O Certame Cómic de Arteixo naceu coa vocación de divulgar unha nova forma de comunicación social. O Cómic toma así a forma dunha canle na que conectar coas inquedanzas da nosa sociedade, a través da imaxinación do autor e tamén do lector.
Nesta primeira publicación presentamos unha selección das obra de maior calidade da edición do 99, agardando con ilusión poder disfrutar moitos anos das futuras convocatorias. Dende aquí, o noso recoñecemento a tódolos participantes e o maior apoio ó mundo do Cómic.
Asd. Manuel Pose
Alcalde — Presidente
Xunto coa cinematografía, a banda deseñada pasará á historia como unha arte xenuinamente propia do século XX. A maxia deste xoven medio radical na súa capacidade para tomar tantas formas e contidos distintos como conxuntos diversos de audiencia sexamos quen de atopar. Países como Francia e Xapón, que deben ser para nós un modelo de referencia, teñen alcanzado un inxente nivel de producción e unha admirable normalidade no consumo de cómics que permiten que sexa tan usual ler un libro de cuadriños como ler o xornal, unha novela ou ir ao cine ver unha película. Esas grandes metas conséguense coa suma de iniciativas prometedoras e ilusionantes como o Certame de Cómic "Art'Eixo". Un encontro entrañable de afeccionados, autores noveis e consagrados, libreiros e curiosos que nos presenta aos que serán os grandes talentos do día de mañán, e que nos recorda, con aire festivo e optimista, que ahí fóra, nalgures hai un cómic especialmente pensado para ti.
Kike Benlloch, presidente de FunComic.
Texto a modo de epílogo:
O certame de cómic ART'EIXO, é unha iniciativa que aposta forte pola xuventude e pola cultura ó mesmo tempo.
Despois deste ART'EIXO 99, e máis concretamente, despois da gran calidade dos traballos presentados a concurso, este certame vai camiño de converterse nun exemplo a seguir.
Este ano, a selección das obras premiadas foi un traballo duro para o xurado, e pódese dicir que nomear só tres gañadores por categoría, no certame, ó final resultou algo inxusto. Sen embargo, isto demostra que contamos con grandes talentos moi preto de nós , que Galicia tamén ten moito que dicir no panorama cultural actual.
Gracias a certames como este, que promocionan as novas culturas, a xuventude ten onde expresarse con liberdade, e todos podemos contemplar e desfrutar deste arte que é para todos.
Esperemos que o ano que ven, a calidade continúe sendo a principal característica de ART'EIXO.
FunComic
Desglose de contenidos.