Boletín trimestral del Museo do Humor de Fene.
Cuaderno grapado con 12 páginas (más cubiertas) impresas en blanco y negro. Número extraordinario dedicado a las 'XIª Xornadas do Humor' en el que se publicaron los trabajos ganadores del premio Curuxa y los ganadores del premio O Humor na escola.
Editorial:
Alterando o meu tradicional ritmo, saíndome de nai, tirando a casa pola fiestra... saco da manga un número extra. Aínda non dan chegado os éxitos do anterior, adicado a MAESE PÉREZ FORXÁN, cando xa , a toda marcha, como un lóstrego preséntome de novo nas vosas pecadoras mans, ¡para que fagan logo tanta propaganda do coello galego!
Trátase agora de falar doutro becho, da Curuxa, que unha vez máis, ¡e van nove!, reparte os seus premios como se da primitiva se tratase.
Nesta oación o éxito é asoballante, máis de 200 traballos presentados para as 3 vertentes puramente competitivas: gráfica, literaria e fotográfica.
Traballos ademáis que chegan de tódolos confín do mundo: SEGOVIA, ZARAGOZA, TARRAGONA, BILBAO, SEVILLA, MADRID, ALACANTE, VALENCIA, BRASIL, PERÚ, CUBA...
¡A CURUXA é internacional! ¡É famosa! Vaise previsións que tampouco tiñamos pero queda ben, e este humilde SAPOCONCHO botoulle unha man, e saca este número extra para botarlle o resto.
Pero non vou ser parvo e perde-la ocasión de comunicarme cos "meus" lectores (meus, non vaia a pensálo a CURUXA), que son lexión e os que pretendo poñer a traballar a brazo sen partir.
Hai cousas das que estou ledo e otras de outras non tanto, nestas tedes vos que axudar a remedialas.
Os dous que me dan xeito, reclaman a cotío convenio colectivo. Xa non sei que desculpa poñerlles; que se hai moito traballo, que precisan axuda, que se tiveran tal cousa ou tal outra. Non vou darvos un sabrazo, pero si pedirvos máis colaboración, aínda que sexa dándolles ánimos... Os humanos deprímense con moita facilidade.
Hai unha sección que non calla: OS RE-NOVOS. Pensei que habería piñas entre os rapazolos que escomenzan a querer ser humoristas, e nada. Sacámo-lo primeiro e ningún máis ¿Hai rapaces para renovar a SIRO, FORXÁN, QUESADA...? Se os hai ¿Onde están?
Tampouco é que cheguen moitas novidades: exposicións, libros, concursos, publicacións, charlas, etc... e as que chegan poucas veces teñen a marxe de tempo que precisamos para darlles publicidade.
Quixera que os carteiros me odiaran polo traballo que lles dou, pero non, e siguen odiando máis ós cans.
Neste mundo-can de cibernautas, mobil-adictos, e Rocíitos, hai novas tecnoloxías, nós na proverbial precariedade delas, algunha imos tendo.
Por exemplo, ¿por que non usades o FAX (981 34 24 00) para mandar ideas frescas, debuxos, textos, suxerencias, bocadillos de tortilla...
E xa postos tamén poderíades dar unha volta por aquí e colaborar como un/unha só/soa Home/muller.
Desglose de contenidos.