Descripción de la editorial:
El Patito Editorial, fiel ao seu compromiso de editar a obra de Miguelanxo Prado, presenta a primeira versión en galego deste álbum imprescindible na súa produción, unha das máis brillantes creacións da banda deseñada da década dos noventa recoñecida cunha longa listaxe de premios a nivel nacional e internacional. Unha nova cuberta e contidos extra engalanan este poético e complexo álbum, que ofrece diferentes niveis de lectura e reclama do lector unha atención demorada. A illa como metáfora, a atmosfera irreal da historia, detalles cargados de significado, intertextos literarios, a carón da forza gráfica, a variedade de rexistros, o dominio técnico do debuxo e da cor, a coidada planificación, a montaxe eficaz subordinada ao halo de misterio, son só algúns dos engados deste álbum, que garante, viñeta a viñeta, que o lector se enganche ata o final e goce do talento dun dos mellores debuxantes europeos.