Libro de 80 páginas en color, encuadernado en rústica. Edición en gallego.
Texto promocional del editor:
Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a súa historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.