Libro con 40 páginas impresas en color, encuadernación en cartoné, y cubiertas en color. Traducción a cargo de Marta Pérez Rodríguez.
El editor indicó este tebeo como una lectura recomendada para una franja etária de entre tres a cinco años de edad.
Información de la editorial:
Ás veces os monstros non son o que aparentan.
As clases comezaron e Brais ten un problema tremendo. O seu problema chámase a “Profe Lola”. Ela é un monstro real, mesmo ten a pel verde e os seus dentes son enormes e afiados... El quere fuxir dela. Non obstante, un venres despois da escola, nun encontro casual no parque, os dous se poñen a falar e Brais descobre na profe Lola a outra persoa que non imaxinaba...
CLAVES PARA A LECTURA
Descubrirse un ao outro falando. Coñecerse mellor e dialogar para loitar contra os prexuízos. Velaquí a mensaxe principal deste divertido conto, ilustrado con moito humor e caricatura. O rostro da mestra vai cambiando e facéndose doce cando o seu alumno atopa nela un ser humano sensible e alegre.
Como actividade práctica co alumnado pódese traballar na realización dun sinxelo avión de papel. Tamén, ir buscando e analizando os cambios que se producen no aspecto físico da profesora.