Información promocional:
A mostra, integrada no proxecto Coruña Gráfica, que promoven o Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, pretende ofrecer unha ollada ao humor gráfico coruñés na actualidade, e recolle a obra de 18 participantes: Manel Cráneo, Miguel Cuba, Guitián, Santy Gutiérrez, Jano, Antón Lezcano, Pepe Mansilla, Roberto Martínez Soler, Pinto e Chinto, Xulia Pisón, El Primo Ramón, Rodouyeha, Martín Romero, Calros Sivar, Siro, Josiño Souto Santé, Álvaro Valiño e Yupiyeyo.
Os participantes pertencen a moi diferentes xeracións, desde veteranos que teñen publicado nos últimos anos en diferentes cabeceiras xornalísticas ata novos autores e autoras que emerxen dos fanzines e os medios electrónicos. De cada un hai seleccionadas catro obras dos últimos anos, que abranguen todo tipo de modalidades de ilustración humorística —caricatura, viñeta, tira, páxina de cómic etc.— e toda clase de temáticas, desde actualidade política e crítica social ata a vida cotiá.