Fanzine con portada en color e interior en blanco y negro editado en castellano y gallego por el colectivo Polaqia.
Información promocional:
Este Barsowia é A Proba de Balas
Tras unha espectacular portada de Emma Ríos, o "Barsowia" nº12 acolle no seu centenar de páxinas a quince autores galegos facendo cómic a toda candela. E entre os amigos de fóra, chega material fresco dos Estados Unidos, Francia, Portugal e de talentosos autores españois radicados en Valencia, Barcelona, Madrid e Málaga. Continúan series como a de Manel Cráneo "Os mortos de Algures" ou "Euclides Mortem" de Jose Domingo. Estrean historias de continuará os tándens Luís Sendón/Iván Serrano e Duarte/Xurxo Penalta. Ademais, arranca a serialización de historias curtas do universo APB de Emma Ríos, neste número cun relato de David Rubín.
Canto ao xénero, temos de todo: Dramas históricos, cartoons irreverentes, contos para nenos revisados para adultos, relatos líricos, violentas historias futuristas, de ciencia-ficción, experimentais e de humor. Iso si, tanto eclecticismo sempre equilibrado co nivel de calidade ao que os lectores de Barsowia están xa afeitos.
De Emma Ríos, Brais Rodríguez, Luís Sendón, Iván Serrano, Johnathan Mildern, J M Ken Niimura, Kike Benlloch, David Rubín, Alexis Ziritt, Esteban Hernández, Diego Blanco, Hugo Covelo, Dani Montero, Kosta, Duarte, Xurxo Penalta, Miguel Valverde, Richard Câmara, Jose Domingo, Miquel Rof, Manel Cráneo, Bernal, Carlos Arrojo