Fanzine con portada en color e interior en blanco y negro editado en gallego por el colectivo Polaqia.
Información promocional:
18 Autores nesta ocasión, entre polaqos, galegos, españois e máis xente que anda polo mundo adiante, dende New York a Venezuela, pasando por Nova Zelanda.
Arrinca este Barsowia con "Melville", Miguel B. Núñez, que ven de publicar o seu "El Corazón de los Árboles" en Polaqia fai tan só uns meses.
Congratúlanos contar para este número con "A pluma máxica", do gañador do prestixioso Premio Eisner Dylan Horrocks. Tamén Fermín Solís, xunto a José Luis Forte súmase neste número cunha fabulosa historia de retro-ciencia-ficción: "A extraña historia do dólar de John Jones".
"Onemillion mouths", por Jesse Jacobs, unha curiosa historieta en varias partes, un autor o que hai que seguirlle a pista. Martín López estréase no Barsowia cunha excelente colaboración: "Estado de graza". Dende Brooklin chega "A metade ", de Connor Willumsen, outra nova colaboración que estamos seguros que vos vai a sorprender.
Outro regalo para os amantes da boa bd é "O ceo sobre o ceo", por Juan Muñoz e Javi Rey. "O Rinoceronte", do bolivian Frank Arbelo adaptando con orixinalidade un surrealista conto de José Arreola. "O morto de Malos Aires", de Manel Cráneo, nunha nova viaxe ó outro mundo onde as cousas, se cadra, non son tan diferentes deste. "Descorazonado", ciencia-ficción con carga social da man de Álvaro López nesta ocasión acompañado por Roberto Díez no guion.
Contamos neste número, outra vez, coa audacia narrativa de Ken Niimura con "Cambiei de vida". O universo de MadMax mistúrase co de Mazinger Z en "Mekano Turbo", nova colaboración Alexis Ziritt. "Mariscada asasina", por Emma Ríos, que de seguro algúns xa tivestes ocasión de saborear (nunca mellor dito) na exposición do salón do cómic de Barcelona. E precisamente con "APB Files" de Kike Benlloch e Santy Gutiérrez, estes dous autores ofrecen a súa visión do mundo APB creado por Emma.
Máis píldoras de sabedoría pop en "Seducción para Gafapastas", por Hugo Covelo. E como non, para completar un número cargadiño de historietas de impacto: "Kingdog", por David Rubín, dez páxinas cheas de pólvora e acción..