Cuaderno encolado con 32 páginas impresas en color más cubiertas en color.
Revista de historietas en lengua gallega editada por A Mesa pola Normalización lingüística y la Asociación Socio-pedagóxica galega con producción a cargo de Retranca editora.
Director: Kiko da Silva.
Revisión lingüística: Mónica Pazos.
Contrariamente a lo que la indicación de la fecha de portada hacía suponer, el envío de esta segunda entrega de la revista no se hizo efectivo entre sus suscriptores hasta mediados de enero del 2019. Mientras que su distribución comercial se llevó a cabo desde finales del mismo mes.
Editorial:
BD GALEGA MORTA E VIVA AO MESMO TEMPO
A lenda de BD galega di que rara é a revista que supera o número 1, a maior parte das veces as publicacións de banda deseñada rematan fechando. Ben porque as vendas non foron tan boas como se esperaban, ou estaban mal feitas as contas ou simplemente non se atoparon os lectores necesarios para seguir. Ti xa tes un número 2 de A Viñeta de Schrödinger nas tuas mans, pero ollo, pode ser un número que vén doutra dimensión cuántica na que os/asgalegos/as decidiron mercar e apoiar esta publicación. Noutra realidade se cadra este número nunca chegou a saír publicado.
En 1967, o físico hungaro Eugene Wigner propuxo unha versión da paradoxa de Schrödinger na que, en lugar do gato e o veleno, había un amigo do físico que vivía dentro dunha caixa e neste tiña un dispositivo de medición que podía dar un de dous resultados, na forma da cara e da cruz dunha moeda. A función de onda cae cando o amigo de Wigner entra en coñecemento do resultado? Unha escola de pensamento di que si, dando así para entender que a conciencia cae fóra do alcance cuántico. Pero se a mecánica cuántica tamén se aplica ao amigo, terá que estar nun estado incerto que combina ambos os resultados mentres Wigner non abre a caixa.
Como ves, a incerteza de que esta revista estea viva ou morta depende tamén dunhas moedas, porque o certo é que temos que empezar a pensar que a cultura, para existirm tamén precisa cartos. Grazas por lanzar a túa moeda e facer que este sexa o resultado!!!
Salva o gato, SUBSCRÍBETE!
A REDACCIÓN
Desglose de contenido.
Información de la editorial:
Neste novo número temos historietas curtas de Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kohell, Miguel Rojo, Zaida Novoa, Miguel Porto, Fernando Llor, Miriam Iglesias, Fernando Ruibal, Víctor Rivas, Antonio M. Fraga, Aldara Prado e Joan Casaramona, Alfonso Barreiro, Pablo Masacres Prado, Kiko da Silva e unha entrevista a Albert Monteys do noxo bdxornalista Roberto Sototúmulo. Todo aderezado cunha ilustración de portada de Miguel Robledo caricaturizado por Xuliçao Landride