Cuaderno encolado con 32 páginas impresas en color más cubiertas en color.
Revista de historietas en lengua gallega editada por A Mesa pola Normalización lingüística y la Asociación Socio-pedagóxica galega con producción a cargo de Retranca editora.
Director: Kiko da Silva.
Revisión lingüística: Mónica Pazos.
Aunque el lanzamiento de esta tercera entrega estaba programado para julio de 2019 su salida acabaría dilatándose de forma extraordinaria debido al cierre de la empresa encargada de la encuadernación de la revista. La explicación a este retraso llegaría a los suscriptores de A viñeta de Schrödinger mediante una nota de disculpa junto a su correspondiente tebeo con fecha de junio de 2020:
Estimados/as Lectores/as, subscritores/as
Escribímosvos para informarvos que xa temos o número 3 da Viñeta de Schrödinguer no prelo. Pedímosvos desculpas por esta longa espera que ten unha explicación técnica. Facer unha revista como esta supón axustar moito os custos e cando falla unha das engrenaxes e hai que buscar recambio resulta complicado atopalo sen desmerecer os acabados e non aumentar os custos. A encadernadora coa que traballabamos pechou, polo que tivemos que procurar outra encadernadora que fose quen de encadernar a revista cosida con fío como viñamos facendo nos números anteriores. O certo é que hai moi poucas encadernadoras que fagan este tipo de acabados en lombos tan finos, é certo que había opcións máis baratas (facendo a encadernación con fresado, é dicir, pegando as páxinas á capa), mais o acabado non era duradeiro e as páxinas rematarían caendo. Polo tanto, como non queriamos baixar a calidade da Viñeta de Schrödinguer remexemos todos os encadernadores que coñeciamos ata atopar unha alternativa que dese os mesmo acabado e non supuxese aumentar o prezo a revista. Sentimos a espera, e agardamos que a calidade deste número faga que merecese a pena. A comezos de marzo chegará ás vosas casas e librarías! O Gato de Schrödinguer segue a estar máis vivo que morto! Salva o Gato!
Kiko da Silva
Director da Viñeta de Schrödinger
Editorial:
A PARADOXA DE SALVAR A BD GALEGA
A ciencia usa a miúdo metáforas para explicar conceptos complexos. O estado actual da banda deseñada e a cultura galega o é, por iso para explicalo usamos ao gato de Schrödinger.
Unha caixa cun gato dentro, unha fonte de radioactividade, un contador Geiger e un matraz velenoso. Se o contador Geiger detectase a descomposición radiactiva dun só átomo, racharía o matraz velenoso e mataría ao gato. Pero ata que non se abra non se sabe se o mecanismo liberou o gas tóxico, co cal o gato está vivo e morto á vez.
Nese estado atópase dende hai anos a nosa BD, dentro dunha caixa na que todo o mundo sabe que está, que existe, pero na que as institucións públicas non queren abrir, non vaia a ser que descubran que a BD galega esté viva e haxa que atender dela.
Unha reciente investigación publicada pola revista Nature e formulada por Zlatka Minev, afirma que hai un xeito de revertir a "morte cuántica". Segundo di Minev, os saltos cuánticos son análogos a erupción dun volcán, completamente impredecibles a longo prazo. Sen embargo, coa supervisión correcta, pódese detectar con certeza unha advertencia anticipada dun desastre inminente e actuarsobre el antes de que ocorra. E dicir que o gato viva ao 100% e non ao 50%.
A nosa bd ten unha saúde ao 50%, a creativa, xa que os nosos autores/as triunfan e publican obra fóra do telón de grelos con cada vez máis éxito. Pero temos outro 50% que segue a ser demasiado feble, o da publicación na nosa lingua, e no apoio á edición. Non pode ser que a banda deseñada siga sen existir nas axudas da AGADIC e na Xunta de Galicia.
Esta revista naceu para manter ao gato vivo ao 50%.
Agardemos que sirva para remover conciencias e consigamos que a morte cuántica da banda deseñada galega sexa revertida,
Namentras, grazas por SALVAR AO GATO!!!
A REDACCIÓN
Desglose de contenidos.
Información de la editorial:
O COVID-19 NON MATOU AO GATO!!!
Estimados/as lectores/as, tras este parón forzado pola pandemia do Covd-19, por fin xa podemos anunciarvos que o número 3 de A VIÑETA DE SCHRÖDINGER está a piques de saír da encadernadora. En breve chegará ás casas dos/as nosos/as suscriptores/as e ás librarías galegas con historietas de Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Fran Bueno, Miriam Iglesias & Fernando Llor, Miguel Rojo & Pablo Prado & Alfonso Barreiro, Zaida Novoa, Joan Casaramona e Aldara Kleinfrankenheim, Víctor Rivas & Antonio M. Fraga, Carlos Alberto Limeres, Miguel Porto, Kohell e unha entrevista a insuperable Belén Ortega. Aderezada todo con outra flamante portada de Miguel Robledo
Agardamos que estedes todos/as ben de saúde, nós xa estamos a traballar para no número 4.
Deixámosvos cun adianto dos contidos deste número que tanto atrancos tivo que pasar para chegar a ver a luz.
Moitas grazas polo aopio e a paciencia. Esperamos que vos guste o resultado!!!