Cuaderno encolado con 32 páginas impresas en color más cubiertas en color.
Revista de historietas en lengua gallega editada por A Mesa pola Normalización lingüística y la Asociación Socio-pedagóxica galega con producción a cargo de Retranca editora.
Editorial:
UNHA VACINA PARA SALVAR A BD GALEGA
Os analistas financieiros prognosticaron que as consecuencias desta crise pandémica van afectar profundamente á economía mundial, creando problemas nas cadeas de subministracións e cun impacto directo nas empresas e nos mercados financieiros.
Pero case ninguén fala dos artistas en xeral, unha profesión en crise permanente na que a chegada da Covid-19 provocou a paralización de moitas actividades profesionais ou diminuíu tanto as encargas que moitos acabaremos sumidos nunha precariedade aínda maior ca a que tiñamos antes do confinamento.
Porque os artistas tamén temos ese "costume" de cubrir necesidades básicas diarias, co cal, ante a necesidade, a arte quedará relegada segundo a demanda do público. Porque como di William Deresiewicz no seu libro A morte do artista, "creatividade" converteuse nesta palabra case divina que todo o mundo ten dereito a arrogarse. Cando dicimos que todo o mundo é un artista ou que todo o mundo podería selo, estamos desmerecendo o que os artistas de verdade son, co significado e dificultade do seu traballo. E creo que esta asunción de que todos somos artistas contribúe a unha situación na que a xente se sente ben ao coller a arte gratuitamente, porque o artista non ten xa esa aura especial, de valor. "¡Que se amolen! ¡Quen son eles para pedir diñeiro por iso!".
Se antes da pandemia facer unha revista de bd en lingua galega na que os seus creadores/as cobrasen polo seu traballo era xa de por si un auténtico milagre, que teñas este número 4 de A Viñeta de Schrödinger nas túas mans é case un paradoxo. Pero o certo é que hai anos rara era a revista en galego de bd que pasaba do número 1, así que chegar ao número 4 é un síntoma de que algo está mudando. Agora máis ca nunca , os/as lectores/as que apoiastes este proxecto dende a incerteza de se Srödinger estaba vivo ou morto, decidiredes se pagou a pena esta aventura tebeística. Os lectores/as sodes realmente a nosa vacina, e decidades abrir a caixa ou non, grazas por manter viva e morta ao mesmo tempo A VIÑETA DE SCHRÖDINGER.
SALVA AO GATO!!
A REDACCIÓN
Desglose de contenidos.
Información promocional de la editorial:
O GATO DE SCHRÖDINGER xa está medio vacinado, É DICIR ESTÁ VACINADO E NON VACINADO AO MESMO TEMPO!!!
Que unha revista de banda deseñada se publique no medio dunha Pandemia é un auténtico milagre... se inda por riba esa revista está feita en galego por autores/as galegas e dun xeito profesional cobrando polo seu traballo pódese considerar un acto de supervivencia extrema.
Co cal temos o pracer de anunciarvos que o número 4 de A VIÑETA DE SCHRÖDINGER está a piques de chegar da imprenta.
A finais de xuño chegará ás casas dos/as nosos/as suscriptores/as e ás librarías galegas con BDS de Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Fran Bueno, Miriam Iglesias & Fernando Llor, Miguel Rojo & Pablo Prado & FON, Zaida Novoa, Joan Casaramona e Aldara Prado, Miguel Porto e Kohell
E unha entrevista ao gran José Luís Munuera realizada por Roberto M. Lamosa. Todo isto aderezado cunha impresionante portada de Miguel Robledo.
Esperamos que vos guste o resultado!!! VACINEMOS Ó GATO!!!