Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en trescientos lotes de camisetas y colonias de Doraemon.
Texto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectora: Antes de nada dicirvos que neste número non atoparedesa aventura de Xabarín, que seica marchou á praia. Pero só o deixamos ir un día, para o próximo número ten que estar de volta. No seu lugar atoparedes outros dos voso personaxes favoritos, os habitantes da Fraga Milmañas.
Outra cousa: ando un pouco preocupado porque hai uns días, un grupo de amigos e amigas me fixeron unha dura crítica ós contidos dunha serie desta revista. Ó seu parecer, as historietas do Castelo Regadeira eran "machistas". ¿Son machistas as historietas de Norberto? A min, en principio, non mo parecen. Xiana, a protagonista, é unha rapaza activa, que toma as súas propias decisións e iniciativs, moi diferentes das das típicas mozas dependentes e mexiricas das historietas tradicionais. Pero os meus amigos díxeronme que a reiteración en presentala lixeira de roupa a asemellaba ás mozas decorativas dos calendarios. Confeso que me crearon algunhas dúbidas. Estouno a falar con Norberto, pero gustaríame escoitar a vosa opinión, a dos lectores e lectoras. ¿Parécenvos machistas as historietas de Norberto?
Por agora ningunha das vosas cartas tense ocupado destes temas, pero sería interesante que tamén comentárades cuestións coma estas ou tamén outras tales como: ¿Parécevos que hai suficientes personaxes femininos? ¿Botades en falta algún tema, algún tipo de historieta? ¿Hai demasiadas historias fantásticas ou poucas? ¿Apeteceríanvos historias máis realistas? Precisamos saber a vosa opinión para facer unha revista mellor.
Se temos en conta o que nos dicides nas cartas que ata o de agora nos van chegando, temos que pensar que a maioría pensade que imos acertando. Así, por exemplo, Jorge Losada Rodríguez, de 11 anos e de Ourense, que xa é a segunda vez que nos escribe, felicítanos e envíanos unha galería de retratos de case todos os personaxes de Golfiño.
Tamén é de Ourense provincia, aínda que de Brandín-Baños de Molgas, Delfín Martínez Conde, que nos escribe unha longa carta da que copiamos un anaco. Velaí vai, cos meus comentarios entre corchetes:
Rematei as clases o día 18 de xuño e como estaba ata as orellas de exames decidín esperar ás vacacións para redactar unha carta con máis calma. Segundo os números de Golfiño que levo lido decateime de que estaba algo fastidiado por este mal tempo [isto vai por min]. Espero que co sol desta primavera que rematou o pasado 21 e co verán que asemade comezou se recupere e poida traballar tranquil. Aínda que polo meu pobo de vez en cando ata caen pedriñas pero xusto hoxe que estou exribindo esta carta temos un día soleado; oxalá que por aí tamén [pos, amigo Delfín, hoxe, mentres comento a túa carta, chover non chove, pero está o ceo atoldado de xeito que o mesmo descarga en calquera intre... nada, que o verán-verán non dá chegado]. Eu son afeccionado á lectura (sobre todo á de Golfiño) e decateime e que algúns libros de Agustín Fernández Paz están ilustrados por Miguelanxo Prado. Eu xa tiña lido moitos libros pero non me fixara nos seus ilustradores que ó mellor eu coñezo agora ben gracias a Golfiño [Non sabes o gusto que me da escoitar isto, unha das miñas teimas foi sempre colaborar a que se valorase o traballo dos ilustradores]. E agora falando de Golfiño, estou encantado con todas esas historietas que de venres en venres me fan rir e pasalo ben. ¡Oxalá que nunca morra esa revista e nos faga rir a nós e a toda a xente que veña despois de nós!, a ver se é verdade e se cumpre o meu desexo. ¡Ah, me esquecía! O meu nome é Delfín, igual co do noso protagonista. Delfín=Golfiño. ¡Que casualidade! Un saúdo para vostede e para toda a xente que fai posible que poidamos ter nas nosas mans a mellor revista do universo. ¡Golfiñooo! [Gracias a ti, Delfín (ou Golfiño, con lectores así é seguro que temos unha vida longa por diante].
Como xa sabedes que teño que escribir esta sección con máis dunha semana de anticipación sobre a súa saída, comprenderedes que non me estrañe de que aínda non teñamos recibido ningunha proposta para a sección de contactos. Por iso repetimos hoxe o nome da lectora que nos propuxo abrir a sección. E lembrade: o único que tendes que facer para paricipar é incluir na vosa carta para a sección contactos. Se querede mandar unha foto, tamén a podemos incluír. ¡Animádevos a participar!
Desglose de contenidos.