Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Número de temática navideña.
El director de la publicación y encargado de la sección de correo, Migue Vázquez Freire, gastó una inocentada a sus lectores en en esta entrega al aludir a una entrevista ficticia en la que el historietista Yoshito Usui habría expresado su deseo de ver publicadas en Golfiño las aventuras de su personaje Shin Chan. Broma que el propio Miguel Vázquez Freire aclararía en un número posterior.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: ¡Xa estamos no Nadal! Tempo de vacación e agasallos. Na vosa casa, ¿de quen sodes partidarios?: ¿dos reis ou do Papá Noel? Xa sei que, entre a rapazada, estase a ampliar o número dos que están a favor do segundo porque trae os agasallos antes e así se pode xogar con eles durante todas as vacacións. Pero, ¿que queredes?, aquí nós seguimos a favor da nosa tradición e xa veredes que número máis chulo adicado ós Reis vos temos preparado. Mentres, ide abrindo a boca con este de temática navideña. Sen embargo, estou por pensar que nesta casa entrou o Papá Noel porque nestes días nos chegaron bonitos agasallos en forma de moi agradables novas. Por exemplo, O Estudo Xeral de Medios, institución encargada de estudar o impacto dos medios de comunicación, vén de confirmar o indiscutible liderado do noso editor, La Voz de Galicia, como xornal máis lido na nosa terra, a gran distancia dos os seus competidores: concretamente, o número de lectores medios de La Voz é de ¡403.000! Atrás miña, o voso mamífero acuático favorito está a pegar chimpos de contento: máis de catrocentos mil leitores de Golfiño, porque os lectores de La Voz son tamén lectores potenciais de Golfiño. Ademais, os nosos autores comezan a exportar as súas creación máis alén do Padornelo: concretamente, Tito Longueirón anda xa a bater marcas entre os lectores cataláns da revista Tretze vents. Por certo, que en Cataluña cambiou de nome e alí chámase Tano Filferro. E para rematar, a nova máis recente, lida esta mesma mañá: Yoshito Usui, o debuxante creador do mesmísimo Shin Chan, vén de declarar nunha revista especializada en banda deseñada que a súa mayor ilusión e ver publicadas as aventuras do seu personaxe... ¡nas páxinas de Golfiño! ¿Quen nos ía dicir a nós que en apenas nun ano a nosa revista ía ser coñecida ata no mesmísimo Xapón? Pois velaí o tendes, si señor.
Desglose contenidos.