Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en trescientos lotes de material escolar de Xabarín.
Texto de la sección Cartas ó director:
Ola lectores e lectoras: Teño por aquí unha carta de Cristina Bellón, da Coruña, que non nos di cantos anos ten. Cristina cóntanos cales son as súas historietas favoritas: Luzbell, Vilaverzas, Castelo Regadeira, Milmañas e Thom. Sen embargo, logo mándanos un debuxo de Chuspi, dos Escachapedras. Se cadra é porque esta Cristina se nos aponta á reivindicación feminista. Dígoo porque di que lle parece "unha discriminación" que na nosa revista " non haxa ningunha muller". E dígoo tamén porque no equipo responsable dos Escachapedras está xustamente a única muller de entre os creadores habituais de Golfiño: Marilar Aleixandre, que é a autora dos guións que debuxa Fran Bueno.
Verás, Cristina, paréceme que non é xusto que nos alcumes de "discriminadores". Como moitas veces teño to nesta páxina, nós andamos a remover pedras por toda Galicia na procura de comiqueiras, é dicir, de autoras que traballen na banda deseñada. E xa temos en carteira algúns nomes. Hai unhas semanas publicamos unha primeira tira cómica de Lets, unha moza de Vigo da que publicamos neste número unha nova entrega. Pero o certo é que non hai moitas mulleres que traballen profesionalmente nisto da banda deseñada. E non só en Galicia. A proba é ben doada. Eu pediríalles a estes grandes afeccionados á banda deseñada, atentos sempre ás novidades e ben coñecedores da historia do cómic, que nos escriben de cando en vez, que me desen tres nomes, só tres nomes, de autoras coñecidas. Atrevóme a asegurar que ninguén vai ser quen de responder ´o meu reto. Log, ¿non hai autoras na banda deseñada? Moi poucas. ¿Por que? Non o sei e paréceme ben raro porque, en cambio, son moitas as mulleres ilustradoras e non hai tanta distancia entre a banda deseñada e a ilustración. Non hai moita distancia pero, atención, distancia hai. E por algunha razón ás mulleres parece que lles van máis as características da ilustración ca contar historias con cadradiños. Se cadra as cousas poden estar cambiando. Poñerei só un exemplo: o Primeiro Premio do Certame Galego de banda deseñada deste ano, na categoría C (para autores de idade entre 14 e 18 anos) foi para unha rapaza: María Rial Rodríguez, da Coruña. Podedes ver a súa historieta premiada na revista do Certame. María ten un estilo enormemente persoal, cuns debuxos nos que gosta xogar con angulacións moi arriscadas e continuos cambios do punto de vista. Sorprende nunha autora tan nova. O guión é tamén enormemente arriscado e pouco convencional. Quen sabe, quizáis esteamos asistindo ó nacemento desa debuxante que moitos estamos a agardar. E, quen sabe, poida que un día destes chame na nosa porta para propoñernos algunha historia...
En calquera caso, amiga Cristina, as páxinas de Golfiño están abertas paras as guionistas e debuxantes de banda deseñada. O único criterio é presentar un proxecto de suficiente calidade. Así que, xa sabes, se tes amigas que queiran adicarse á banda deseñada, aqui agardaremos polos seus traballos.
E falando xa doutra cousa, pola última visita á estupenda páxina sobre banda deseñada do portal de cultura galega sabemos que a editorial Toxosoutos ten en marcha un proxecto que, co título Galicia en cómic, pretende contar a historia das cidades e vilas galegas en banda deseñada. Vén de tirar do prelo o primeiro título, que se chama Noia, porto de Compostela, con guión de Xosé Agrelo Hermo e debuxos de Xosé Luis Veira Manteiga. Podedes atopalo nas librerías cun prezo de 13,50 euros.
E non quero esquecer lembrarvos tamén que polos quioscos debedes ter a entrega deste mes da revista Bule Bule, que edita A Nosa Terra.
Pois nada máis por esta volta. Ah, si, Golfiño, que o teño aqui ó lado, falándome ó oído, dime que xa hai tempo que as rapazas non lle mandan debuxos con noivas. Seica a este gustoulle iso de ligar por correspondencia... A culpa téndela vós que o animastes, así que agora non deberiades deixalo tirado. Digo eu...
Desglose de contenidos.