Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Número singular dentro de la colección al desarrollarse en la ciudad de Ourense todas y cada una de las historias de las series que comparecieron en esta entrega.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en: veinticinco ordenadores Iago precursor y Iago escolar, más trescientos lotes de material escolar del Xabarín club cortesía de los supermercados GADIS.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: como veredes, este número ten un carácter especial xa que está integramente dedicado á cidade de Ourense. Deixádevos levar da man dos nosos colaboradores e dade un paseo por esta cidade nas nosas páxinas.
Os que levades segíndonos desde hai un tempo, xa sabedes que o noso Golfiño procede das bravas augas da Costa da Morte. E, por desgracia, tamén seredes sabedores da terrible traxedia que agora mesmo están a vivir esas augas, enfouzadas pola marea negra verquida polo petroleiro Prestige. Golfiño pídeme que unamos a nosa voz en solidariedade con todos os homes da mar que ven como lles rouban o seu medio de vida, e en solidariedade tamén con todos os animais mariños que mal sobreviven —moitos están xa a morrer— nese océano noxento de gasoil. Pore todos eles erguemos berros de rabia e dor e pedimos que Nunca Máis algo así volva suceder nas nosas costas. [...] Alberto (non dá máis datos), despois de felicitarnos di: "quero respostar a un lector que escribiu dicindo que a páxina de Xacobo Fernándelle parecía aburrida. Eu creo que o problema está en que non a entende, pois está cargada de mensaxe". E para demostralo, pasa a explicar a historieta de Xacobo A Pompa Fúnebre (nº 21) que, por outros comentarios escoitados, non todo o mundo acertou a interpretar. Velaquí a interpretación de Alberto: "nas primeiras viñetas vese a creación da pompa e o debuxo reflicte idea de maldade; de seguido, o voo da pompa reflicte a sixilosa chegada da morte, e ó final, coa chegada da pompa, obsérvase a inocencia de Archimboldo ante a morte da folla, alleo a que ese puido ser o seu fin." Unha análise digna de profesor universitario.
Logo ven a parte crítica que, desta vez, tócalle... a min: "O peor paréceme a sección de cartas, pois por cada carta de catro liñas dun lector aparece unha resposta pola súa parte que ocupa toda a páxina. ¿Deberíase chamar correo do editor?" [...] Alberto remata a súa carta pedindo espacio para o manga e expresando as súas preferencias polos traballos de Norberto, Pinto e Chinto, Xacobo Fernández, Gundas, Dani e Macaco.
A outra carta é dunha rapaza qu di chamarse Duna: "Merco a revista Golfiño dende o primeiro día e cada vez noto unha melloría que espero que siga así. Debo destacar os debuxos de Norberto e o seu irmán Xacobo que, á vez de debuxar, recita, pois os seus guións son pura poesía." [...] E segue coas súas preferencias: Let´s, Dani (quéixase de que non saian todas as semanas) e Gundas. E logo, enche de pólvora o trabuco e ponse a tirar a matar. "Unha desas cousas que empobrecen a revista son os debuxos de Xaquín Marín, pois á parte de non ter gracia ningunha son un debuxos pobres e propios dun rapaz, non dun debuxante profesional." ¡Vaia... ! E logo arremete coa mesma arbitrariedade, contra as tiras de Capitán Lixo, Palleiro, Iago Medra e Luzbell, e contra os guións de Os Escachapedras.
Desglose de contenidos.