Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en trescientos lotes de material escolar de Xabarín.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Mentres estou a escribir isto, soa o teléfono e chéganos unha nova que fai que Golfiño se poña a brincar coma un peixe (que non é) nunha torrenteira (que tampouco non é o seu medio). Brinca e saca a bailar a Isabeliña aproveitando que no radiocasete soa unha polca interpretada por Susana Seivane. ¿Que cal é a nova? Que veñen de concedernos o premio á mellor iniciativa do ano das Xornadas de Ourense de Banda Deseñada. Algo así como o óscar galego á banda deseñada. "¡Somos os mellores!", berra fachendoso Golfiño ó tempo que Isabeliña aproveita para escorrentar as súas aletas de enriba [...] E nesas andabamos cando soa outra volta o teléfono e... ¡outro premio que tamén nos toca de preto! David Rubín, o pai dos Kinkilláns, gaña por segunda vez o Primeiro Premio do Certame de Banda Deseñada que convocan as Direccións Xerais de Xuventude e Promoción Cultural da Xunta de Galicia. Dáse a circunstancia de que Rubín xa fora remiado en 2000 e que é a primeira ocasión en que este Premio, o máis importante dos que se conceden en Galicia a artistas menores de 30 anos, recae na mesma persoa por segunda vez. ¡Noraboa, David! [...] De certo que estamos lexítimamente orgullosos dos nosos artistas novos. E moi contentos tamén de que con regularidade nos cheguen á mesa da redacción propostas mo interesantes comos as que, por exemplo, nos enviaron esta semana Xaquín Calo García, do Porto do Son (A Coruña) e Antonio Seijas Cruz, de Santiago (que é de onde nos chega a carta, aínda que logo aclara que ser, ser, el é de Ares). Este último agasállanos cunha longa e estupenda carta na que, ademais de pedirnos consello sobre os seus debuxos, cóntanos que é "prácticamente veciño d Xaquín Marín" (de Ares a Fene non vai moito, efectivamente), que "de cativo" recortaba os seus debuxos en La Voz de Galicia mentres soñaba con ser debuxante" e que conserva os dous dibuxos que o mestre lle adicou nas dúas ocasións en que asistiu as conferencias súas, a primeira no colexio de Ares, "hai unha morea de anos", a segunda con Miguelanxo Prado n Facultade Historia.
Desglose de contenidos.