Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en trescientos muñecos de peluche de Doraemon.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Para comezar aquí teño dúas cartas que opinan sobre a nosas serie O Castelo Regadeira. As dúas coinciden en que non hai tal machismo aínda que con argumentos diferentes. Xoán Sotelo, vigués de 15 anos,que xa nos escribiu antes e éun declarado fan de Norberto, protesta enerxicamente. E protesta primeiro de todo "porque non me gusta en absoluto que o editor dunha revista publique cousas como o de chica de calendario das bandas deseñadas dos seus debuxantes". Ben, estás no teu dereito de que non che guste pero o mesmo que eu —director, non editor— recollo aquí a túa opinión negativa sobre as outras historietas, ¿non estou obrigado tamén a facerme eco das que semeten coas que a ti che gustan? Nesta nova cartas disme, Xoán, que fóra do Castelo Regadeira e Os amigos de Archimboldo, o resto non che gusta nada "ou case nada", aínda que despois salvas en parte a Golfiño, Thom e Tito Longueirón, pero sore todo dis que non che fixo gracia ningunha o dos turulletes, que che quitaron "as ganas de comer leituga". Xa ves, Xoán, tomo en conta a túa protesta contra os contidos escatolóxicos (xa sabedes, unha forma fina de chamar a todo o relativo ás cuestións excrementicias, ou dito máis claramente, ás cousas de caca, cú, peido, pis). E logo, ¿non debo tomar en conta tamén outras protestas? Outra cousa é que teñan razón ou non a teñan. Aquí o que importan son os argumentos. O teu é que, se vai lixeira de roupa, "vai como calquera rapaza de hoxe en día", e por iso asentase que "ata me atrevería a dicir que é un chisco feminista."
Outra lectora, Lorena Castro García, 16 anos, de Pontevedra, abonda no tema: "Xiana é unha rapaza fermosa, valente, intelixente". Logo engade: "o que me parece fatal é que Xiana vaia medio espida mentres el vai todo tapadiño. ¡Coma sempre! As mulleres de maniquís, ¡pois que tamén haxa homes maniquís! Ás mulleres tamén nos gusta mirar. Non sei se me entendedes: se ela é parva, pois que el tamén o sexa, se ela é fermoda e vai medio espida, ¿por que el non?". Lorena pensa que algo pode ter que ver a escasa presencia de mulleres entre os creadores: "¡Rapazas que fagan banda deseñada! Iso é o que boto en falta na revista, todo son homes, ¿e as mulleres?, ¿onde andan?". Pois iso mesmo me pregunto eu, Lorena, ¿onde andan? Prometo seguir buscando.
Ah, por certo, a Lorena si que lle gusta toda a nosa revista, aínda que precisa que sente debilidade por Kiko da Silva, de quen di que é único. Seica a Lorena o dos turulletes non lle estragou o gusto polas leitugas.
Desglose de contenidos.