Edición en gallego.
Cuadernos grapados con 12 páginas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.Este primer número se entregó gratuitamente junto el periódico.
Este primer número fue obsequiado junto al periódico con motivo del Día das letras galegas y, por tanto, gratuito, apareciendo tachado el precio simbólicamente en portada. También en portada, el propio director de la publicación Miguel Vázquez Freire compartía protagonismo junto Golfiño, mientras que el Día de las letras gallegas sirvió a Andrés Meixide como argumento para la historieta de su serie Thom. La propia revista patrocinaba junto con el Xabarín Club de la TVG un concurso consistente en descubrir una huella de la mascota Xabarín insertada entre las historietas de este número -entre las que se excluía la serie Os Vixilantes do Camiño por ser Xabarín uno de sus personajes-, no se especificaban los premios.
Texto tomado de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras, son Miguel, o director desta vosa revista que cada semana vai despachar este correo, responder as vosas preguntas, considerar as vosas preguntas, considerar as vosas suxestións e publicar nesta páxina os mellores de entre todos os debuxos e fotografías que me enviedes. Ademais, poderedes usar esta páxina para trocar os vosos puntos de vista sobre cómic con outros lectores e lectoras. E, para comezar, ir tomando nota deste consello: gardade ben este número 1 do novo Golfiño porque nas súas páxinas conseguimos reunir os mellores personaxes de historieta da nosa terra, personaxes que vos agardarán puntualmente nos quioscos todos os venres.
Golfiño e Tonechos, desde a primeira e a última páxina, respectivamente, competirán en arrincarvos os primeiros sorrisos, que xa sei que hai moita xente a quen lle gusta comezar polo final. Será por levar a contraria. A fermosa Xiana e as súas aventuras no castelo Regadeira, a Fraga Milmañas, os Escachapedras, Thom, Luzbell, Os tronantes, o Capitán Lixo e a nosa mascota, o can Palleiro e a Escola de Vilaverzas, todos eles xa nos acompañaban na nosa anterior navegación e seguirán con nós nesta nova etapa.
Os biosbardos, en cambio, é unha nova serie que comeza neste número e fará quendas quincenais. Outra incorporación é a de Tito Longueirón, que cada semana irá probando fortuna en diferentes deportes a ver cál lle cadra mellor. Pero estas non son asúnicas novidades. Unha revista da categoría de Golfiño non podía menos que fichar as mási recoñecidas estrelas do cine e da televisión: os personaxes do Bosque Animado, unha película de animación que se trouxo varios Goyas da Academía (os Óscar españois), coaranse nestas páxinas con Xabarín e as aventuras inéditas dos Vixilantes do Camiño.
¡E atento, meu lector, miña lectora! O famoso porco bravo da TVG non se quixo conformar coa que lle reservamos e foi deixando as súas pegadas por outras historietas da revista. Pois saberedes que, coincidindo coa reposición da serioe Os Vixilantes do Camiño, que comezará o vindeiro 17 de maio, a TVG lanzará un concurso con formidables premios para quen localice as pegadas do Xabarín nos números 1, 2 e 3 de Golfiño. Así as, ¡xa o sabes! Segue as pegadas do Xabarín en Golfiño e non deixes de ver a reposición dos Vixilantes do Camiño na TVG. ¡Poderas gañar moitos premios!
Si, si, xa sei que tanta felicidade é un pouco sospeitosa: claro, hai que pagar... pero todo isto só vai custar... ¡50 cts. de euro! Dende logo, bastante máis do que me pagan a min por contestar as vosas cartas...
E falando das cartas... vou abrir estas catro que veñen de chegar... a ve...Sr. Golfiño, dous puntos... Informamoslle de que o Consello da Cultura Galega vén de convocar o seu I Certame de Banda Deseñada en Internet para que llelo conte ós seus lectores e lectoras e os anime a participar. ¡Pois xa o sabedes! E se queredes completar a información, podedese visitar o seu estupendo sitio de internet: www.culturagalega/especial/banda. Comprobaredes que a lista de autores galegos é ben numerosa e de alta calidade porque, ó lado de breves apuntamentos biográficos sobre os autores, poderedes ver unha mostra seleccionada dalgúns dos seus traballos. E, por certo, decatáredesvos de que os colaboradores de Golfiño están entre os mellores. Permitídeme que nisto non ande disimulando con finxidas modestias.
Outra carta. Sr. Golfiño, dous puntos... BLA, BLA, BLA, o 1 de maio sae á rúa o cómic de Kiko da Silva Maiopolis e tamén A retirada de sir John Moore, de Pepe Carreiro. ¡Quedades ben informados!
¡Vaites! Outra carta máis. Pero se é... ¡unha factura!... peixe fresco... ¡¡¡600 euros!!! ¡Pero, que barbaridade! ¡Este Golfiño vainos arruinar!
Desglose de contenidos.