Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Uno de los personajes recurrentes dentro de la serie Humor G, el invasor extraterrestre y aspirante a tirano interespacial dibujado por Leandro Barea, pasaría a dar nombre a esta sección convirtiéndose así en protagonista absoluto de estas tiras y páginas de historietas. Que a partir de este número pasaría a titularse Pocholo I, conquistador espacial.
La marea negra, un año después del hundimiento del petrolero Prestige, continuó presente en Golfiño gracias a la página de Xaquín Marín y a su personaje Tonecho.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Xa estamos no Hallowen, e a nosa revista esa si que é unha festa. Aquí o celebran Kuldina, o Lobisneno, dona Bixelmina, o Biobardo, as esqueletas Luisa e Fernanda, as Liantas e o Conde de Transilvania, que fan un bo guateque coa Santa Compaña e deixan a redacción feita un zipizape, e logo queixase Golfiño de ter que pasar a vaosoira...
Seguen a chegar cartas que preguntan sobre o xeito de conseguir números atrasados, o que proba que é algo que vos preocupa (e a nós comprácenos saber que temos lectores tan fieis que non queren perder nin un só número da revista), insisteirei de novo aínda que xa teño informado reiteradamente deste problema. Por exemplo, Diana Sobrado envíanos unha mensaxe na que nos di: "O meu nome e Diana e vivo en Xixón, Asturias, pero meus pais viven nunha vila da Coruña. Hai xa tempo que coñezo a revista Golfiño e cando vou de visita a ver a meus pais merco o periódico para poder conseguila. Encántame o personaxe Xiana e as tiras de Pangirl e de Rúa Transilvania 1343. O meu problema é que sempre me quedo coas historias a medias. Así, por exemplo, puiden ter os números 68 ó 71 pero os 72 e 73 xa nos os puiden conseguir porque volvín para Xixón e quedei sen saber qué lle pasa a Xiana. A miña pregunta é: ¿como podo conseguir os números que me faltan? ¿Podo mercar La Voz de Galicia en Xixón para poder seguir a colección da revista? Moitas grazas por estardes aí e por facer que xente tan boa no mundo do cómic podan amosar a súa arte. Pasei polo Salón do cómic deste ano e cada vez vai mellor. ¡¡Seguide así!!" Gracias, Diana, polas túas loanzas, en canto a túa pregunta, sinto dicir que, aínda que en Xixón podes atopar quioscos onde se vende La Voz de Galicia (como en prácticamente calquera cidade de España), a revista Golfiño por estar integramente en lingua galega, só se distribúe coas edicións galegas do periódico do domingo e, polo tanto, non se pode conseguir fóra de Galicia. Emilio Xosé Ínsua López, de Cambados (Pontevedra), despois de darnos "parabéns" polo noso traballo, dinos: "Quixera poder completar a colección de Golfiño, pois fáltanme os números 3, 8 e 33 da etapa actual." E de seguido solicítanos o envío contrarrembolso so deses números polo que "ficaría moi agradecido (e a miña filla Aloia, entusiasta da revista, aínda máis)". Amigo Emilio Xosé, desde a redacción da revista, como xa teño dito, non nos podemos dese labor. As peticións deben ser efectuadas no punto de venda habitual en que mercades La Voz de Galicia (sempre que sexa en Galicia) e, se vos din que non é posible ou, unha vez solicitado, pasa o tempo sen que chegue, podedes solicitalo directamente á casa editorial: (Avda. da Prensa, parcelas 84-85, Polígono industrial de Sabón. 15142 Arteixo. A Coruña).
Desglose contenidos.