Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Esta entrega adjuntó un videojuego en CD rom titulado As aventuras de Merliño promovido por la Dirección Xeral de Política Lingüística.
El Xabarín Club de la TVG y la revista Golfiño patrocinaban el concurso consistente en descubrir una huella de la mascota Xabarín insertada entre las historietas de este número —entre las que se excluía la serie Os Vixilantes do Camiño por ser Xabarín uno de sus personajes—, no se especificaban los premios.
Texto tomado de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: As exisencias de producción obriganme a escribir a terceira entrega desta sección antes de que o primeiro número do novo Golfiño vexa a luz. Poderíame inventar algunha carta como por outro lado é práctica máis ou menos habitual de moitas revistas (si, non te fagas o inxenuo que ti xa ben que o sospeitabas). Pero non é o meu estilo. Agardarei a que veñan as de verdade, as vosas, para poder entrar a comentar as impresións sobre o noso traballo. Non teñades medo de poñernos a caldo cando creades que o merecemos... pero tampouco non sexades avaros nas loanzas se pensades que somos dignos delas. Eu pola miña parte xa vos digo que non me penso cortar nada nas respostas. E, por suposto, poderemos aproveitar para intercambiar informacións sobre este apasionante mundo da banda deseñada: faládeme dos vosos fanzines, enviádeme os vosos debuxos, contádeme os vosos descubrimentos, os vosos autores favoritos. ¡Este espacio está a agardar por vós!
Non houbo aínda tempo para recibir cartas de lectores pero si para escoitar chamadas, moitas chamadas, de autores que nos ofrecen as súas propostas. Dígovos, amigos e amigas, que Galicia ferve de debuxantes, de bos debuxantes, e o que máis sentimos é non dispor de páxinas para todos. Pero si prometemos abrir seccións onde poidades coñecer os traballos dos máis novos (quizáis algún traballo teu, amigo ou amiga que me estás lendo). Por outras banda, de cando en vez estableceremos fórmulas de alternancia para que novos autores poidan tamén amosar as súas novas creacións. Por exemplo, neste número presentámosche a nosa máis recente fichaxe: Os Kinkilláns, unha historieta de ciencia ficción burra, desvergoñada e sobre todo moi divertida, obra de David Rubín, un dos novos valores da banda deseñada galega. Ademais, adiantámosvos que próximamente chegarán as novas aventuras de Xeixas Johnson, oduro detective creado por Alberto Ferreiro. Por certo, ¿coñedes a páxina web deste estupendo debuxante, unha das primeiras en abrirse no ciberespacio desde territorio galego? Pois tomade nota: http://personal.resdestb.es/ferreiro.
Como xa vos decatariades, este número de Golfiño incorpora unha agradable sorpresa: o agasallo de As aventuras de Merliño, un xogo en CD rom promovido pola Dirección Xeral de Política Lingüítica que seguro compracerá os afeccionados ós xogos electrónicos.
E non vos esquezades de que seguen abertos os concursos anunciados nos números anteriores de Golfiño: o que organiza a TVG no seu programa Xabarín e o da Casa da Xuventude de Ourense e a Dirección Xeral da Xuventude da Xunta de Galicia. lembra que se queres participar neste último concurso, que premia os mellores concursos en banda deseñada de autores entre 18 e 20 anos, deberás enviar os teus debuxos a: Casa da Xuventude de Ourtense; Celso Emilio Ferreiro, 27, 32004 Ourense. ¡Anímate a participar! ¡O gañador do concurso verá publicado o seu traballo nas nosas páxinas!
Desglose de contenidos.