Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
La serie Golfiña comenzaría aquí su corta trayectoria de la mano del dibujante Norberto Fernández. Responsable por los dibujos y guiones de la serie. Si bien en la sección de correo de los lectores se hiciese mención a la colaboración de Fausto Isorna en la creación de este mamífero marino comparable a "unha galerna, un tifón ou un maremoto". Que, de todos modos, no dejaba de ser un trasunto femenino del personaje emblema de la revista, Golfiño, y de quien además también se decía no era más que su prima. De ahí su entrada como ayudante en el estudio del propio Fausto.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Antes de empezar coas cartas hai que avisar que neste número, ademais das continuacións das series de Golfiño e os invasores, O conto de Lina e Pouco e A Volta a Galicia en Chimpín (agardo paciente polos vosos comentarios), asistiredes a chegada á Galicia de Golfiña, a curmá de Golfiño; e non digo avisar de forma gratuita, xa que os que a coñecen din que esta rapaza só pode compararse a unha galerna, un tifón ou un maremoto. Froito dunha especialísima colaboración entre Fausto e Norberto, será este último o encargado de contarnos as súas desfeitas. Pero que os seguidores Xiana non se preocupen, que Norberto non descansa e xa está preparando a nova entrega das súas aventuras, que veredes proximamente nas páxinas das vosa revista preferida. E, por suposto, atoparedes os vosos habituais personaxes e algún outro que recunca. ¿Acaso non somos o mellor tebeo que se pode atopar? [...] E agora unha carta que chega con consulta. Susana Gestal, de Perillo, toda unha recuncante, comeza desculpándose porque leva xa un tempo sen escribir. "Estiven moi enleada", explícanos. "Ben, continúa, quería preguntar unha cousa. Escoitei por ahí que existe unha banda deseñada sobre a serie Buffy Cazavampiros. Se é así, ¿haina en España?, ¿onde a podería encontrar na Coruña?" Pois si, efectivamente, segundo o que puiden averiguar hai unha versión en banda deseñada desta serie, debuxada por Scott Campbell, pero ó parecer aínda non foi traducida aos castelán (ó galego mellor nin facerse ilusións). Probablemente están xa mercados os dereitos para a edición española (Planeta cómic distribúe o moneco de Buffy) pero polo de agora só se pode conseguir en España na edición orixinal USA, nas tendas que dispoñen de sección de cómics de importación. A min paréceme que na Coruña non é probables que o atopes, Susana. Como vexo que es toda unha fan da serie, suxíroche unha visita a este sitio en internet: www.escena.ya.com/ buffycazavampiros/buffy,htm; polo qu eu puiden ver, paréceme que alí atoparás canto queres saber. A nosa amiga aproveita para "pedir un debuxo de Norberto onde apareza Xiana, e dedicado. Eu é que vía que outras persoas pedían debuxos e eu morrendo de envexa... Pero, se non pode ser, dá igual..." A petición fica feita, depois, que haxa sorte (ven poidestes ver que Norberto andou moi ocupado todo este tempo e, agora que rematou a serie, velaí o tendes dando vida a Golfiña... este mozo non para, así que vos pido comprensión se as peticións non son atendidas todo o axiña que a vós vos gustaría).
Desglose contenidos.