Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
El cajetín dedicado al concurso del Xabarín Club del canal televisivo TVG se limitó en esta entrega a anunciar dos nuevas teleseries del programa: Angela Anaconda y Norman Normal.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: O ano pasado, por estas datas, queixabámonos de que non daba chegado o verán. ¡Chovía! Este , vai unha calor que, como non afrouxe, leva camiño de secar todas as fontes de Santiago. Teríades que ver o preocupado que anda Golfiño. Hoxe mesmo atopeino preparando xa as maletas. "Entre o chapapote no mar e esta seca en terra, xa non sei onde vou a poder ir", comentoume, amocado. Paréceme que imos ter que ir adiantando as vacacións da redacción, para non deixar só ó noso amigo. Iso non quererá dicir que quededes sen Golfiño, ¡eh! Temos preparados uns números especiais de verán para todo o mes de agosto de quitar a respiración. Cousa fina, xa veredes.
E imos coas vosas cartas. Hai moitos amigos e amigas que nos piden debuxos dedicados. Debedes comprender que non sempre será posible compracer esa petición. Os que estiveron en Voz Natura viron como traballaron sen descanso, facendo debuxos, Norberto, Kiko, Robledo, o mestre Marín, Fausto... ¡estaban case todos! (Un saúdo desde aquí a Mateo, que me ensinou a estupenda caricatura que me fixo Fausto). En fin, que entendades que eu transmito as vosas peticións pero, logo, son os artistas os que deciden, dependendo de como anden de traballo. Isto vai, por exemplo, pola carta de Isabel Grueiro Acción, de Freixeiro (Narón, A Coruña), que pide que "un dos debuxantes de Golfiño me mandase un debuxo e, se non, sinaturas dos que poiades. O debuxo gustaríame que fose de Primitivo, e se me mandades sianturas, que estea a de Primitivo. E podendo ser, nas sinaturas tamén a de Norberto. ¿Non é moito pedir?, ¿ou si?"
Non, non é que sexa moito pedir. Como se di habitualmente, por pedir que non sexa. Logo, que se poida satisfacer a petición... A ver que din Primitivo e Norberto. Isabel dános tamén a lista dos seus favoritos: Os Fdez, Golfiño e os invasores, Tito Longueirón e O Castelo Regadeira. E pregunta: "onde vai a historia dos Vixilantes do Camiño?" Unha pregunta á que aínda non me atrevo a contestar, pero si podo dicirvos que este verán poderedes disfrutar dunha historieta de Miguelanzo Prado. Atentos.
Desglose de contenidos.