Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Con fecha errónea en portada, "3/XANEIRO/2002", en vez de el año 2003, al igual que el anterior número se otorgó a esta entrega carácter de especial por su coincidencia con las celebraciones navideñas. Aunque de una forma distinta, no ya dedicando todo su contenido a un único personaje, sino al reunir en sus páginas historietas de autores veteranos como Pepe Carreiro y los creadores del fanzine Xofre (Miguelanxo Prado, Fran Jaraba, Xan López Domínguez) junto a otros todavía principiantes como Lets, Sergio Covelo, Carmela, o María Vilar. Continuaron también las referencias a la marea negra resultado del hundimiento del petrolero Prestige en la costa gallega, por medio de un chiste gráfico de Jaime Asensi y la historieta de Miguelanzo Prado.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en: 100 cd-rom interactivos O labirinto dos soños, más 300 lotes de productors do Xabarín Club cortesía de los supermercados GADIS.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: cando esta revista chegue ás vosas mans, a máxica Noite de Reis agarda en poucos días. Por esa razón quixemos prepara un número especial. Un número tamén un chisco máxico e cheo de agasallos. Para comezar decidimos convidar ás nosas páxinas a grandes artista que, por unha ou outra razón, non están a ser colaboradores habituais de Golfiño. Como resultado, ides ser testemuñas dun momento histórico: a reunión nunha mesmas publicación, por primeira vez desde hai máis de vinte anos e con cadansúa historieta, dos tres creadores da mítica revista Xofre, Fran Jaraba, Xan Carlos Domínguez e Miguelanxo Prado (que, por mor da endiañada avaría da Dorna-Delta, estivo ausente de Golfiño nos últimos meses). Xunta eles, Pepe Carreiro volve tamén cunha historieta creada especialmente para estas datas. Ademais, encargamos a Leandro unha doble páxina moi particular. Xa me contaredes que vos pareceu. E, por fin, algo co que andei a teimar nesta páxina desde hai ben tempo: adicar nun número un espacio maior para os artistas noveis. ¿Que maior ocasión que no número especial de Reis? Ese é o noso agasallo para a xente que comeza a traballar no campo da banda deseñada. Como comprobaredes, na selección predominan as mulleres así que tamén satisfacemos unha vella aspiración, a de contar con maior número de colaboradoras. Non quixera que esta condición de agasallo fora interpretada como unha rebaixa das nosas habituais exisencias desde o punto de vista de calidade estética. Veredes que pola contra, os traballos de María, Lets, Sergio Covelo, Lorena e Carmela (as únicas que por outra banda son totalmente novas como colaboradoras da revista) manteñen os niveis habituais de calidade. [...] Dou conta tamén da recepción dun novo número do fanzine Comicmanía (o 3), que promove o noso amigo Julio Martínez Carballal. E para concluir unha curiosidade. Un lector coruñés, de Rubén, coméntanos a súa sorpresa por descubrir que algún dos nosos colaboradores publica traballos en revistas que nada teñen que ver coas publicacións infantís. Por se alguen máis chega a compartir esa sorpresa, cómpre que vos explique que ningún dos nosos colaboradores mantén contrato de exclusividade con Golfiño (o que era, por certo, práctica habitual nos tempos de Bruguera) de xeito que son moi libres de publicar os seus traballos nas revistas que queiran e do carácter que queiran, infantís, xuvenís ou para adultos.
Aínda que supoño que xa tendes mandado a carta ós Reis, permitídeme unha recomendación: non deixedes de pedir álbumes de banda deseñada. ¡Hainos magníficos! E, porque mo está a pedir teimosamente Golfiño e porque é xusto, vaia a nosa petición: ¡NUNCA MÁIS mareas negras nas costas galegas!
E deixamos para ó final unha gran sorpresa: a partir do número 35, Golfiño estará nos quioscos os domingos, gratuitamente e xunto ó suplemento de La Voz de Galicia, así que non vos despistedes amiguiños...
Desglose de contenidos.