Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en trescientos muñecos de peluche de Doraemon.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Aínda non nos demos recuperado das emocións vividas na última edición das Viñetas desde o Atlántico. ¿Vistes que molona nos quedou a exposición? ¡Como! ¿Que non a tendes visto? Pois non sabedes o que perdestes. Ademais estabamos moi ben acompañados. Á beira do espacio adicado a Golfiño, podíase ver unha mostra completísima do melloriño da banda deseñada española desde finais dos setenta ata actualidade. E tamén unha mostra especial dedicada a dous artistazos: Jan, o creador de Superlópez, e Jordi Bernet, que comezou debuxando a dona Urraca que saia no Pulgarcito (eu non o sabía, sóubeno lendo o catálogo) [...] Nós seguimos presentando novidades na revista. Nesta ocasión é Leandro, un humorista que presenta unha nova sección titulada Humor G, con G de Golfiño, claro. [...] temos unha nova carta do noso amigo Julio Martínez Carballal, de Ribadavia (Ourense), o dos debuxos que nos parecían de estilo underground. É un grandísimo afeccionado á banda deseñada e agora ven de axuntarse cun grupo de amigos co que montou todo un estupendo fanzine, que tivo o detalle de enviarmos. O fanzine chámase Comicmanía e pídenos que lle botemos unha man para dalo a coñecer. Encantados, Julio, para todo o que sexa apoiar á banda deseñada atoparemos sempre un espacio. Quen quiera comprar o primeiro número de Comicmanía só ten que mandar 1 euro en selos de correos a este enderezo: Francelos, 54.32418 Ribadavia (Ourense). Ademais solicita tamén colaboracións. Por certo, dinos que o fanzine está feito en castelán porque tamén contan con colaboradores de fóra de Galicia. Naturalmente, eu respecto esa opción pero se me permites, Julio, hai fórmulas que xa teñen sido ensaiadas con certo éxito para publicar traballos de oprixes diferentes mantendo a pluradidade idiomática: por exemplo, incluíndo uns apartados coas traduccións a un idioma que entendan todos (neste caso sería o castelán). Como vós tendes colaboradores vascos e cataláns, non estaría mal que aparecesen traballos nos catro idiomas. Probablemente sería algo que engadiría un aspecto novo ó voso fanzine, ¿non crees? Conclúo reproducindo o último que nos di na súa carta o amigo Julio, que é toda unha magnífica declaración de amor á banda deseñada: "Anque soe a pretensión, intentamos facer un fanzine coma se fose un club cultural adicado ós cómics, onde teña cabida o maior número posible de xente. Amamos, queremos e mesmo somos uns tolos das historietas porque é unha forma de expresión cultural chea de arte." Ben dito, si señor.
Desglose de contenidos.