Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Una vez recuperada la estructura habitual de la revista tras el período navideno, todavía algunas de las historietas y dibujos siguieron tomando como motivo de fondo la marea negra del petrolero Prestige.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en: 100 cd-rom interactivos O labirinto dos soños, más 300 lotes de productors do Xabarín Club cortesía de los supermercados GADIS.
Texto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Pasados os Reis, comeza para nós o auténtico ano novo igual que para vós se reanudan as clases nas escolas. ¿Non as botades en falta durante as vacacións? Témome que a maioría non pero, amiguiños, hai cousas coas que hai que aturar, gústenos ou non. Como malfadamente seguimos a aturar o ghalipote que lixa as augas, os cons e as praias das nosas costas. Unha semana máis permitídeme que repitamos aquí o noso NUNCA MÁIS.
Precisamente unha amiga de Vigo, Rebeca, quere agradecerlle a Fausto o envío do seu "debuxo de Nunca Máis", como o chama ela, que lle chegou despois de que ela nos enviase un auténtico autorretrato con Golfiño. As noivas do Golfi vanche coller celos, Rebeca. É Rebeca unha lectora observadora que se ten decatado da presencia do Manuche na ponte de Ourense. "Fíxome moita gracia, dinos, aínda que aqueles que non saben do antigo Golfiño estaranse a preguntar: ¿Quen raios é este becho que anda a pasear pola ponte con aires do chepudo de Notre Dame?". Na redacción de Golfiño botamos n falta o vello e atravesado Manuche e, sobre todo, o seu autor, o noso amigo Pablo Otero Peixe. Se cadra calquera día danos unha sorpresa e chega con algún novo agasallo para os nosos lectores. O parecer, Rebeca quedou entusiasmada co noso número ourensán (o 31, que xa vistes que andaba todo ambientado na cidade de Ourense) e destaca especialmente as páxinas dos irmáns Fernández: "por separados son xeniais, pero xuntos son a bomba". Apoia as opinións, xa publicadas aquí, de Duna e Alberto, compadecendo os que non comprenden as historias de Jacobo "porque quizais só saben ver debuxiños (que son tamén moi importantes e Jacobo fainos moi ben) e as súas mentes non alcanzan a captar as súas mensaxes". Logo, Rebeca lanza unahs asisadas reflexións sobre algunhas das cartas reproducidas aquí nas últimas semanas antes das vacacións. Di así: "Vale que non todos os autores teñan que gustarnos, e non hai que felicitar soamente, recoñezo que eu non son todo o crítica que debería ser (quizais porque tampouco me gusta que critiquen o meu traballo e sei o que custa facer boas bandas deseñadas), pero non hai que pasarse. Ademais, un pode dicir "A min non me gusta tal autor por isto e polo outro", pero non é correcto o de "este autor é unha bazofia e inda enriba sen dicir o porqué.
Xustamente, Iago, de 17 anos, responde á opinión negativa de Duna sobre os debuxos de Xaquín Marín: "Creo que antes de xulgar a ningún debuxante, e sobre todo a Xaquín Marín, debería informarse da historia da BD galega e vería que foi o seu inventor con títulos emblemáticos como Gaspariño, Os Pés ou Testa, cos que comezou un ascenso imparable da BD galega ata chegar ata onde estamos agora... Polo tanto, pido un pouco de respecto para un grande da BD mundial, e non estou esaxerando. ¿Que sería da física sen Newton? ¿Que sería da BD galega sen Xaquín Marín? Espero que dentro de moitos anos sexa o terceiro debuxante (logo de Castelao e Seoane) a quen se lle adique o Día das Letras Galegas, porque o merece tanto coma Rosalía." ¡Toma xa! Non queda curto nas loanzas o noso amigo. En todo caso, Iago, como ti ben dis, que o teu desexo se cumpra dentro de moitos moitos anos, que por aquí queremos gozar da contribución do mestre durante moito moito tempo, e xa sabedes que para que alguen lle adiquen o Día das Letras... antes ten que morrer.
Rebeca e Iago conclúen as súas mensaxes facéndonos cadansúa petición. Rebeca di que bota en falta unha páxinas web de Golfiño cun chat "para falar con outros rapaces e rapazas de Galicia ós que lles guste a banda deseñada", mentres que Iago propon unha páxina reservada para que cada semana se publique unha historia dun lector ou lectora e "así descubrir novos talentos e facer máis grande a familia da BD". Son ideas que nos gustan e témolas en estudio desde hai tempo pero... Non sempre os gustos se poden trocar en realidades. Pero non desesperedes que todo se ha de andar...
Óscar Martínez, o noso "anónimo" coñecido de Piñeiros (Narón), recunca para reclamarnos que lle poñamos ben o enderezo porque saíu trabucado. Confesa que puido ser porque os seus números non sempre se entenden ben. Aproveita para mandar unha manchea de saúdos ós seus colegas Hugo, Josue, Dani e Toni, ó estanqueiro Roberto, ó Presi Andrés e ó adestrador Abraham, á súa familia e ó "A" (¿...?). E remata co seu berro de guerra: "Arriba o Piñeiros B! ¡Abaixo o Narón BP!" Por certo, parece que o Piñeiros segue o primeriro "pola cola de abaixo", pero agora xa marcaron dous goles. ¡Adiante Piñeiros B!
Desglose de contenidos.