Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
La aventura "Os sete lunares de Xiana", perteneciente a la serie O castelo Regadeira, e iniciada en el número 70 de Golfiño, concluyó en esta entrega de la revista.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola lectores e lectoras: Cando teñades este números nas mans, o Nadal xa está chamando á porta. Non fai falla que eu volo lembre porque ben se anuncia por todas as partes. Como veredes nas páxinas que seguen, tamén algúns dos nosos personaxes andan a coller ambiente. E, por suposto, nos dous próximos números agárdanvos dous auténticos especiais de Nadal. ¡Ah!, e neste mesmo número resólvese o misterio do 7 lunares e remata a serie de Norberto. Pero non vos inquietedes, que Xiana regresará con novas aventuras. Mentres tanto, non me esquezo das vosas cartas (e a vós pídovos que non esquezades seguir mandándoas, que en vacacións correos segue funcionando). Comenzarei por dúas que coinciden en facer referencia a un recuncante que apareceu por última vez no número 78: Luis Manuel Bouzas Prego. A primeira foi enviada por outra asidua recuncante, Raquel Portas Armesto, de Miño (A Coruña), que me fai esta extrañísima pregunta: "¿Quen é o neno que dicía que se chamaba Luis Manuel Bouzas Prego?" ¿Que quen é? ¡Pois velaí tes o seu nome! ¿Será que Raquel desconfía que Luis Manuel sexa un deses cuacuánidos invasores que andan a suplantar os terrícolas? ¿Chegaría a invasión dos cuacuánidos desde santiago ata Ordes? Agardo que Raquel me descifre o sentido da súa pregunta nun próximo comunicado?
Entre tanto, fago constar que Raquel envía bicos para dúas amigas que conseguiu a través de Golfiño, Tamara e Lúa, e tamén para outras que xa o eran de antes: Elisa. Irene e Andrea. Non. Luis Manuel non debe ser ningún invasor porque tamén recibín unha carta enviada por Daniel Busto, 11 anos e de Mesón do Vento, en Ordes, que nos conta isto: "Levo xa un tempo recollendo o Golfiño con La Voz e vin que no núm. 78 saíu un moi amigo meu que é Luis Manuel. Somos compañeiros de clase e amigos desde que comezamos a ir ó colexio. Agora xa imos en 6º de primaria e estamos nas mesma clase. E falando do colexio, quero saudar a todo o CEIP Mesón do Vento, en especial á clase de 6º. Son un afeccionado compulsivo ós cómics e ó manga, como podedes comprobar polo debuxo que vos mando. Creo que me saíu bastante ben." ¡Graciñas polo debuxo, Daniel. Encanto o que pides de que pasemos o teu debuxo ós nosos artistas para que dean a súa opinión, sinto dicirche que non o vexo viable pero comprométome a que alguen da redacción che envíe esa opinión nun tempo razoable. Tamén farei chegar a Kiko da Silva, o teu debuxante favorito, a túa petición dun debuxo asinado de fiz asinado. A ver se tes sorte e collemos a Kiko con tempo dispoñible. Daniel remata a súa carta deste simpático xeito: "Por favor, publicade a carta. Quero que Luis Manuel e todo o colexio saiban que saín na revista e que me acordei deles." Petición cumprida, amiguiño.
Desglose contenidos.