Edición en gallego.
Cuaderno grapado con 12 páginas impresas en color más cubiertas de cartulina flexible en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Primera entrega de la subsección A linguaxe da BD que, dentro de la página de Cartas ó Director, se dedicó a dar respuestas a las consultas sobre técnicas funcionales y narrativas de la historieta enviadas por los lectores.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en trescientos lotes de material escolar de Xabarín.
Texto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Mentres escribo isto ando aínda coa resaca (suaviña, sen pasarse, eh, que non está o corpo para excesos) polos festexos para celebrar o importante premio dos que vos daba conta a pasada semana. Fomos o equipo de Golfiño case ó completo (é moi díficil reunir a todos, que os hai de case todas as esquinas de Galicia) a facer unha boa cea, ben regada, a noitiña do sábado e agora aqui me tendes, en pleno domingo, facendo os deberes. Canso pero contento.
Vexamos que cartas andan por riba da mesa. Cristina González Gondar, de San Miguel de Oia, é a segunda vez que nos escribe. En realidade, a quen escribe é a Golfiño, cousa que xa sabedes que a min me parece de marabilla. E o primeiro que lle di é: "a ver cando encontras unha Golfiña que seguro que tes moitas fans". Hai moitas lectoras (si, si, lectoras, os lectores seica non se fixan nestas cousas) que levan un tempo teimando co de procurarlle unha noiva a Golfiño. E digo eu que, visto o debuxo da capa do número 20, semella que a Fausto lle está a influír esta demanda. Aínda que a namorada non é unha auténtica Golfiña.
Cristina mándanos un debuxo dela e outro da sua irnmá, María del Carmen, quen se nos presenta con estas simpáticas palabras: "Ola lectores, teño 20 primaveras e anímome a escribir gracias a unha boa amiga e aproveito para mandarvos uns debuxos. Xa teño asumido que non vivirei gracias a eles.. Saúdos dunha nova lectora". ¡Benvida o noso barco, Carmiña!
Diego Arufe Castro, de Lousame, é un dos nosos lectores máis fieis malia que non me parece que nos teñamos comportado con el como o merece. Na carta que nos manda lembra que participou nun dos nosos concursos, prometimos que lle mandariamos un agasaio e aínda non cumprimos a nosa promesa. Di que saíu a súa foto no número 6 e despídese así: "Non vos esquezades de min que sigo sendo lector da revista que me regala a miña avoa. Un aperta para todos , en especial para Xiana, Biosbardos e Tito Longueirón". Fun o número 6 e, efectivamente, alí está a foto do noso amigo Diego, todo sorrinte, beira de dúas amiguiñas sociais, coma el, do Club Xabarín da TVG. Diego, creeme se che digo que pensaba que xa recibíriaches os agasallos prometidos como gañadores do concurso. Tratarei de averiguar qué pasou e resolver esta falla. Entre tanto, pídoche perdón e mando un bico agradecido para a túa avoa. ¡Vivan as avoas xenerosas!
Deixo para o final unha longa mensaxe que nos chega polo correo electrónico, enviada por Rober, de Ourense e 16 anos. Rober vai para crítico de banda deseñada. Mirade o que nos di: "Son amante do tebeo español e valoro moito a vosa revista, sobre todo a algún autor coma Fausto, Marcos Costoya e Leandro... O mellor da vosa revista son os entintados e a simplificación dos personaxes, case ó máximo, pero que aínda asó gardan moita perosnalidad". O mozo, como vedes, afina o seu xuízo. Pero atención co que vén despois: "Unha das historias que máis me chama a atención é a de O Castelo Regadeira. Non é das miñas preferidas, pois a cara do personaxe antolláseme un chisco irreal". ¿De que personaxe? ¿De Xiana? Bótalle unha ollada ó retrato de Norberto, que publicamos na sección Os Nosos Artistas do número 8, é verás que non só non é irreal senón ben real, de feito é un dos poucos debuxantes que traballan con modelos. Logo Rober pasa ó ataque con Archimboldo Roque da que di que "xa que nin as leo case, pois con só miralas parécenme aburridas. Penso que cun colorido máis intenso e unha organización das viñetas máis informal daríanlle máis vida á historieta". ¿Non serás ti, Rober, dos que botan para atrás cando ven máis de catro frases seguidas nunha viñeta e que os textos de apoio teñen máis espcacio que os globos? Algo así como os que pechan unha novela cando non ven diálogos. Eu, claro, respecto todos os gustos pero opino que quen actúan así non saben o que perden. No caso da historieta de Jacobo, equívale a perderse un dos guións de maior riqueza literaria de cantos se publican na banda deseñada actual, e non só galega.
Pode tamén que Rober non vaia por aí, que sabe. Pode sinxelamente que sexa hipercrítico, o que non ter por qué estar mal. Velaí o que di do recente álbum de Pepe Carreiro, A retirada de Sir John Moore: "Pareceume moi didáctico e ameno, con diálogos bos e moi traballados, pero penso que os personaxes necesitan un mellor rematado e unha forma mellor de representar a choiva". Pois nada, que aínda das historietas que lle gustan ten que quitarlles algún defecto... O dito: un crítico. Quedamos a espera de máis, Rober. Ah, e sinto dicirche que polo momento non che podo axudar no de saber onde atopar tebeos de Carlos Gambarte, o teu autor favorito. Lanzo a mensaxe a todos os nosos amigos lectores. E agora, a ver que vos parece a nova sección á que damos paso hoxe, tal como anunciabamos no noso número anterior. Un bico, a todos.
Desglose de contenidos.