Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas impresas en color más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera hómónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Contuvo una nueva entrega del concurso patrocinado por el programa Xabarín Club del canal TVG. Consistiendo el premio en una carpeta de la serie Os vixilantes do camiño.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: Chégame a primeira carta sobre Shin-Chan ó mesmo tempo que medran as críticas. No Parlamento da Comunidade de Madrid, a socialista Alicia Acebes pediu a retirada da serie (Telemadrid) porque "amosa escenas violentas, utiliza unha linguaxe groseira e é impropia para os nenos". O PP catalán, pola súa banda, pediu que a serie (TV 3) deixe de emitirse nun horario infantil porque "para moitos nenos se ten convertido nun referente de conducta infantil" malia ser "moi negativa". Seica en Telemadrid, despois das protestas, "os capítulos revísanse agora polo miúdo" e "aqueles especialmente groseiros ou violentos son apeados da grella" (El País). Polo que sei, as críticas aínda non chegaron ó Parlamento galego, se cadra porque polo de agora os nosos parlamentarios andan enleados en temas máis urxentes e graves (o Prestige que non cesa).
Rafa, un dos nosos recuncantes, escríbenos xustamente para poder "desafogar" sobre o tema Shin-Chan. Comeza aclarando que non é un fanático da serie, "pero dáme a impresión de que , na sociedade que nos toca vivir, se algo ten éxito e non vai dirixido directamente a un público adulto, ten que desaparecer". Para el, estas críticas supoñen unha auténtica hipocrisía: "Vergonza dáme a actitude dos pais que teñen a fachenda de dicir que esta serie non está a inculcar os valores que tentan ensinar. Pero imos ver, son uns debuxos e eles teñen o deber, como pais e nais, de ensinar que iso non é máis que ficción (...), pero nos tempos que corren a xente pensa que a tele é coma unha aia que educa ós nosos fillos, e así só molestan cando teñen fame."
Pois aí queda iso, Rafa, logo, adica loanzas a todos os debuxante de Golfiño (¡graciñas, Rafa!) para rematar cunhas preguntas. As primeiras podo contestalas eu. "Nun futuro próximo, ¿aparecerán novos autores? Como ides vendo, a revista está sempre atenta a dar a acoñecer novos valores galegos; e así pensamos seguir no futuro. "O número de páxinas, ¿seguira igual?" Polo momento, si. "¿Novas seccións?" En principio, non, fóra de novos personaxes que nos están a preparara algúns autores e o probable cambio obrigado da sección Os nosos artistas, cando fagamos a presentación de todos os nosos colaboradores. Por certo: ¿de que vos gustaría que falasemos no futuro, nesa sección?
Desglose de contenidos.