Edición en gallego.
Cuaderno encolado con 12 páginas más cubiertas en color. Suplemento de historietas dirigido por Miguel Vázquez Freire, redacción de Isabel Soto, y con edición y dirección artística de Fausto C. Isorna. Rescate de la cabecera homónima, antes revista independiente y ahora editada como suplemento de historietas del diario La Voz de Galicia desde mayo de 2002.
Extracto de la sección Cartas ó director:
Ola, lectores e lectoras: ¡Non deixan de chegar cartas! ¡Isto é formidable! Na semana pasada (estou a escribir o 10 de setembro) chegaron 60 cartas. E, entre elas, a primeira "postal", unha moi orixinal que nos envía Pilar Montes desde Outes. "Eu este ano non fun de vacación, explica Pilar, pero visitei lugares moi bonitos aquí en Galicia, porque non fai falla saír da túa vila para ver cousas fermosas, tan só tes que mirar o que te rodea con ollos de turista." E como mostra mándanos unha postal (feita por min, precisa) dun solpor con ela mesma en primeiro plano. Despídese con moitos bicos para Ángeles, unha amiga coa que se escribe a través da sección de contactos. Espero que atras desta vaia chegando moitas novas postais. Entre tanto, non hai máis remedio que introducir algún cambio nesta sección porque é imposible (¡afortunadamente!) manter a vontade de reproducir ou comentar a práctica totalidade das cartas. Así que, a partir de agora, entre todas seleccionarei as que me pareza que ofrecen algunha idea ou reflexión novas, ou unha redacción máis orixinal. Pero, iso si, seguiremos reproducindo os vosos debuxos aínda que tampouco poderan ser todos.
Hoxe comezarei recollendo os comentarios que Marta Torres nos fai nun correo recibido a finais de agosto. Marta (non nos di os anos que ten nin de onde escribe) felicítanos "pola iniciativa de dar saída a novos valores" (refírese ó espcial de agosto) pero tamén quer facernos "unha pequena crítica": "Como muller estou un chisco indignada, xa que non vexo positivo que se inclúan a tantas mozas polo só feito de ser mulleres, xa que hai algunhas que se ve que é imposible que aparezan polos seus valores artísticos." E pon como exemplo as historietas de Lets e Antonio Seijas. "¿Como é posible que Lets aparerecera máis veces na revista e Antonio Seijas non?", pregúntanos. A resposta é, amiga Marta, que os traballos de Seijas só nos chegaron hai puco e os de Lets levámolos vendo desde moito antes. E, por suposto, na redacción respectamos a túa opinión pero non a compartimos: a ninguén se lle publica só por ser muller. Cousa distinta é que teñamos en conta a idade de algúns dos novos colaboradores e, en consecuencia, aceptemos que non imos esixir a mesma perfección no debuxo a alguén que está a comezar (coma é o caso de Lets e algún máis dos que participaban na revista que ti comentas) cá que reclamamos en algén con maior experiencia. Marta conclúe a súa mensaxe sinalando as súas preferencias: "Dani Docampo non está mal pero debe deixar de imitar a Norberto, nótaselle demasiado. O mellor: A Cerdeira de Munch, por fin algo orixinal, afastado do estilo manga (por certo, a teima de Alexandre é de psicólogo) e sen imitar a ninguén, un estilo propio." Opinión que contrasta coa de Eva María Agra García, de 13 anos e de Santiago, que se declara encantada co nº 67, destacando especialmente a Lorena e Lets, "que son as miñas autoras favoritas".
Desglose contenidos.